MÁIS DE 600 RAPACES PARTICIPAN NA CELEBRACIÓN EN PRÍNCIPE FELIPE DO “DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

A programación inclúe talleres específicos sobre os dereitos dos menores; xogos, inchables¸espectáculos e outras actividades Máis de 600 nenos procedentes de 16 colexios da provincia de Pontevedra participa hoxe nos actos promovidos pola Deputación na Cidade Infantil Príncipe Felipe con motivo da celebración do Día Internacional dos Dereitos dos nenos e nenas. As actividades programadas inclúen varios talleres, entre eles un sobre os dereitos do neno; inchables; espectáculos; xogos e a merenda para os rapaces. Todas estas actividades serán realizadas dentro do pavillón, no auditorio e en zonas resgardadas, tendo en conta a previsión de chuvia para estes días. Os menores que hoxe participan nesta celebración proceden, concretamente, dos colexios Possumus (Vigo); San Benito de Lérez, Sagrado Corazón de Jesús, Nosa Señora dos Dolores e Príncipe Felipe (Pontevedra); Chancelas e Espedregada (Poio); Pérez Viondi (A Estrada); Los Sauces (Mos); Progreso (Catoira); Xosé Fernández López (Porriño); Castrillón Coiro e Casa de la Virgen (Cangas); Nosa Señora dos Remedios (Ponteareas); Infante Felipe de Borbón (Salvaterra de Miño); e A Guía (Moaña). A vicepresidenta, Teresa Pedrosa, responsable da Área de Acción Social e o deputado de Deportes, José Enrique Sotelo, achegáronse ata Príncipe para compartir a xornada cos rapaces. Ambos manifestaron que con esta iniciativa “queremos trasmitir que un neno non só é unha un ser fráxil que precisa de ser protexido, senón tamén unha persoa con dereito a ser educado, coidado e protexido”. Recordaron tamén que “a Deputación, consciente de que os nenos son como os árbores: “hai que regalos para que crezan fortes”, organiza accións e programas destinados ós máis cativos como, por exemplo: Campamentos da Lanzada, English Summer Camp, Semanas Brancas de asistencia á neve, Día do Neno, “O meu primeiro vo”, “Camiña con Nós”, “Xogarte”, “Pinta no Museo”, “Escavacións arqueolóxicas no Museo”, Concursos escolares, Escolas deportivas de balde, Gardería de Príncipe Felipe, Centro de Día Príncipe Felipe, “O campo á escola”, Respiro Hospitalario, Sen violencia convivencia…

          ¿Por que o 20 de novembro?

En 1948 a recén fundada Nacións Unidas (ONU) aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, documento que contiña os dereitos do neno. Once anos máis tarde, en 1959, aprobou unha Declaración dos Dereitos do Neno que trataba o tema coa profundidade que merece. O 20 de novembro de 1989 naceu a Convención sobre os Dereitos do Neno (de aquí que o Día Internacional dos dereitos dos nenos se celebre cada ano o 20 de novembro), que foi ratificada por 191 países dos 5 continentes.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: