O Concello recoñece ás entidades impulsoras do Campus do Mar vigués pola concesión do Campus de Excelencia Internacional

O alcalde de Vigo, en representación dos tres grupos políticos municipais, ofreceu hoxe venres un recoñecemento a todas as entidades e institucións promotoras da Excelencia Internacional obtida polo Campus do Mar vigués, un acto do que foron partícipes o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e o secretario xeral de Universidades do Ministerio de Educación, Marius Rubiralta.O coñecemento como valor ten o éxito asegurado”, apuntou Rubiralta, quen ensalzou o proxecto vigués e galego que, xunto cos restantes distinguidos polo Ministerio, axudarán á saída da crise económica. “É un día para recoñecer os esforzos realizados e o traballo ben feito”, asegurou o secretario xeral, e incidiu no carácter transfronterizo do Campus do Mar.
O conselleiro de Educación felicitou á toda a comunidade universitaria -en particular tanto ao actual como ao anterior reitor da Universidade de Vigo- e subliñou a “unión” das universidades galegas, das empresas e das administracións públicas, que deron o seu respaldo “a un gran proxecto” que pode chegar a ser de “referencia” en Europa.

Mais Noticias  http://xornal.vigo.org/

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: