TURISMO REÚNE ÁS AXENCIAS GALEGAS DE VIAXE PARA REALIZAR UNHA POSTA EN COMÚN DAS EXPERIENCIAS DO PROGRAMA ‘VIVE GALICIA 2010’

  • Durante a próxima semana, do 22 ao 26 de novembro, celebraranse unhas xornadas de debate en cinco cidades galegas: Vigo, Ourense, A Coruña, Lugo e Santiago, ás que se poden sumar todas as axencias que o desexen.
  •  O obxectivo deste programa é o de difundir en toda España a oferta de receptivo turístico a través de 71 paquetes de turismo experiencial, agrupados en doce tipoloxías diferentes, que van dende o turismo rural,o gastronómico, o multiaventura ou os Camiños de Santiago, entre outros.
  • O programa enmárcase dentro do chamado ‘Vende Galicia’, que busca incentivar a comercialización do destino Galicia a través das axencias de viaxe galegas retallistas. Ademais pretende mellorar os servizos turísticos en destino e diversificar a oferta turística da comunidade, e impulsar outra faceta de negocio das axencias galegas.

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, continúa a  súa aposta polo turismo experiencial co paquete ‘Vive Galicia’, presentado o pasado mes de xullo. O programa desenvolverase a través dunhas xornadas de experiencias de todas as axencias galegas participantes e celebraranse do 22 ao 26 de novembro en cinco cidades galegas: Vigo, Ourense, A Coruña, Lugo e Santiago. Todos os actos terán lugar de 11 a 13 horas da mañá e poderán sumarse todas as axencias galegas que o desexen. A cidade olívica será a primeira sede deste foro de posta en común o próximo luns día 22. A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, intervirá neste acto que terá lugar ás 11 horas no Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo. O martes 23 o debate trasladarase á cidade de Ourense, mentres que o mércores 24 as xornadas terán lugar en A Coruña. O vindeiro xoves 25, Lugo será a cidade na que se reunirán as axencias de viaxe galegas e por último, en Santiago de Compostela finalizará a rolda de encontros o día 26. Agás no caso da capital galega, todas as xornadas terán lugar nas delegacións territoriais da Xunta de Galicia. O programa ten como obxectivo difundir o turismo experiencial a través da paquetización da oferta e comercialización directa dos produtos das axencias de viaxe galegas. ‘Vive Galicia’ contén un total de 71 paquetes turísticos agrupados en doce tipoloxías, que permiten disfrutar das posibilidades turísticas que posúe a comunidade autónoma: ‘Elixe o teu camiño’, ‘Galicia, destino termal’, ‘Turismo cultural’, ‘Vive a aventura galega’, ‘O turismo náutico’, ‘A experiencia mariñeira’, ‘Ven ao Entroido’, ‘Turismo de golf’, ‘Os sabores de Galicia’, ‘Embárcate nos cruceiros’, ‘Turismo accesible’ e ‘O enoturismo galego’ Este programa dentro do chamado ‘Vende Galicia’ un programa de incentivo para a comercialización do destino Galicia que pretende estimular, a través das axencias de viaxe retallistas galegas, a área de negocio dos intermediarios turísticos e mellorar a captación de turistas nos mercados emisores, incrementando deste xeito o número total de visitantes á comunidade galega. Con esta medida, conséguese duplicar o número de axencias que realizan receptivo en Galicia. Para obter información do produto, pode consultarse a páxina web www.vivegalicia.es.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: