FEIJÓO AGRADECE O LABOR DA FUNDACIÓN PENZOL E O SEU TRABALLO A PROL DE RECUPERAR E POÑER A CULTURA GALEGA NA ÓRBITA INTELECTUAL DE EUROPA E DO MUNDO

O presidente do Goberno galego visitou esta tarde, en Vigo, as instalación da entidade

Ten palabras de recoñecemento para Ramón Piñeiro e Xaime Isla Couto e, especialmente,  para Fernández del Riego que, ademais de coidar o legado de Fermín Penzol, doou unha importante colección de libros, álbums e correspondencia persoal

  • Asevera que Galicia sempre necesitará de persoas e entidades que axuden a conseguir novas metas e novos obxectivos, tendo en conta os retos e os desafíos deste século XXI

 O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu, esta tarde, durante unha visita ás instalacións da Fundación Penzol o labor desta entidade e recoñeceu o exemplo desa xeración que, nun contexto moi difícil, foron quen de recuperar e poñer a cultura galega na órbita intelectual de Europa e do mundo. Esa contribución á modernización da cultura galega personifícase na figura de Fermín Penzol, cuxo fondo documental sobre Galicia que recompilou é punto de consulta imprescindible para calquera que queira ter información sobre a lingua, a historia e a realidade socioeconómica da comunidade. O responsable do Goberno galego destacou tamén a outras tres persoas que se esforzaron por traballar para que non se perderan documentos importantes da historia de Galicia como son Ramón Piñeiro, Xaime Isla Couto e Francisco Fernández del Riego. Feijóo tivo palabras de recoñecemento para os tres e, especialmente, para Fernández del Riego que, ademais de coidar o legado de Fermín Penzol, doou unha importante colección de libros, álbums e correspondencia persoal. Por último, o presidente da Xunta aseverou que Galicia sempre necesitará de persoas e entidades que axuden a conseguir novas metas e novos obxectivos, tendo en conta os retos e os desafíos deste século XXI; novos obxectivos para que a cultura galega transite con bases sólidas durante este século.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: