GASPAR ZARRÍAS PON A VIGO DE EXEMPLO NO APROVEITAMENTO DOS FONDOS DO PLAN E DO GOBERNO

O Secretario de Estado de Cooperación Territorial visitou Vigo para inaugurar o novo pavillón polideportivo de Navia

  • O secretario de Estado, Gaspar Zarrías, o alcalde de Vigo, Abel Caballero e o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, estiveron acompañados polo delegado do Goberno en Galicia, senadores, deputados e concelleiros.
  • O alcalde avanza que os 7,5 millóns de euros que lle corresponden á cidade en 2011 dos fondos estatais adicaranse a bolsas de comedor, á política social e educativa e a mellorar a calidade de vida dos vigueses.
  • Tanto Gaspar Zarrías coma Abel Caballero felicitaron ao tenente de alcalde polo traballo levado adiante nun pavillón que ten capacidade para 1500 espectadores, dos case que 400 son en grada móbil.

O Secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías destacou esta tarde o partido que o goberno local sacou dos fondos de inversión local do Goberno de España. Zarrías puxo a Vigo de exemplo como unha cidade que soubo “aproveitar ben os 80 millóns, espreméndoos ao máximo”, dixo. O Secretario de Estado lembrou os obxectivos destes fondos creados, segundo explicou, para responder nunha coxuntura económica complexa. “Para mover a economía local, crear emprego e acadar mellores infraestruturas e equipamentos”, indicou. Tanto Zarrías coma o alcalde de Vigo insistiron en que grazas ao Plan E os concellos en xeral e Vigo en particular conseguiron que se crearan centos de postos de traballo e que moitas empresas puideran pervivir no medio da crise económica. Neste sentido Abel Caballero avanzou que os 7,5 millóns que lle corresponden a Vigo en 2011 procedentes dos fondos estatais, adicaranse a ampliar becas de comedor, a proseguir coas bolsas de inglés ou a políticas sociais e educativas, entre outros aspectos. Ademais insistiu o alcalde na transformación urbana que está a vivir a cidade grazas ao proceso de humanización que incide directamente na mellora da calidade de vida dos vigueses. Tanto o Secretario de Estado de Cooperación Territorial coma o alcalde felicitaron ao tenente de alcalde e a súa equipa polo pavillón polideportivo inaugurado esta tarde. “Este é un gran centro de deporte” e “amosa a forma de entender a política ao servizo dos cidadáns”, explicou Caballero.

 Pavillón polideportivo

O tenente de alcalde explicou que o pavillón ten capacidade de 1500 espectadores, das que 392 prazas son en grada móbil e 8 para persoas con mobilidade reducida. Conta ademais con 8 vestiarios, ximnasio, enfermería, ascensor ou sala de prensa, entre outras dotacións. Domínguez Olveira afirmou que tras a inauguración do pavillón polideportivo e o campo de fútbol, que está “xa en rendemento” péchase “a primeira fase da zona deportiva de Navia, a segunda mais importante da cidade, despois das Travesas”. O investimento do pavillón e do campo de fútbol ascendeu, tal e como apuntou, a máis de 6 millóns con cargo ao Plan E do Goberno de España. Santiago Domínguez afirmou que “nunca na historia da cidade se ten investido tanto en infraestruturas deportivas” e avanzou que a segunda fase dotará a zona cunha nova piscina, “por primeira vez en Vigo olímpica” e unha “ampla zona deportiva”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: