LOUZÁN AFIRMA QUE, GRAZAS Á DEPUTACIÓN, PEINADOR TEN HOXE A MELLOR OFERTA DE VOOS A MADRID DE TODA GALICIA

Di que os vigueses poden confiar na Xunta, que busca o interese xeral, pero non nun alcalde que o único que aporta son conflitos, deslealdade, victimismo e interese propio- O presidente da Deputación de Pontevedra manifestou hoxe que <grazas á Deputación, o aeroporto provincial de Peinador dispón hoxe da mellor oferta de voos a Madrid de toda Galicia>. Louzán destacou que <a Deputación fixo os deberes con Peinador> e preguntouse <¿cánto investiu e que fixo Caballero para potenciar o aeroporto?>. En relación cos voos de Peinador, o presidente provincial asegurou que <os vigueses poden confiar na sensatez e na defensa do interese xeral que fai a Xunta pero non nun alcalde que non busca solucións senón conflitos, que non ten lealdade nin cos seus, que é incapaz de xestionar nada e que non aporta solucións construtivas senón que busca sempre o victimismo, a demagoxia e a mentira co único fin do interese propio e de obter unha dubidosa rendibilidade electoral>.

Seriedade, boicot e mellora de propostas Louzán lembrou que a  Xunta comprométese a manter o número de conexións actuais e a dispoñer do maior número de rutas posibles, pero indicou que <o serio non é boicotear o Comité de Rutas senón traballar por apoiar e mellorar a proposta para Peinador tendo en conta que non se trata de ter rutas por telas senón porque son rentables e teñen demanda>.

 38 voos semanais e 110.000 pasaxeiros

Nas súas declaracións, recordou que a Deputación propiciou un acordo con Air Europa que posibilitou 38 voos semanais a Madrid dende o 1 de novembro de 2006 <só o primeiro ano, o acordo fixo que se achegasen a Peinador e ás Rías Baixas 110.040 pasaxeiros e que viaxasen dende Peinador 110.167>. Segundo dixo, despois dese esforzo, nos últimos anos a compañía asentouse e, dende entón, traballa por si soa, sen axudas públicas, pois as viaxes son rendibles. <Entón, agora Caballero mirou para outro lado, quere que traballen outros, que aporten e que se movan outros para rendibilizar el os éxitos e aparecer como un gran campión>, afirmou. Para Louzán <ese xeito de actuar do alcalde de Vigo non é novo pois non colabora nin coas institucións nin cos seus propios compañeiros de partido, a súa deslealdade e falta de vontade para chegar a acordos construtivos é total, pero xa non engana a ninguén>. O presidente provincial concluíu afirmando que a Deputación, en colaboración coa Xunta, leva tempo en contacto con diversas compañías e aeroliñas rexionais para potenciar Peinador e asegurou que o único que fixo o Concello de Vigo por Peinador foi <impedir o bo traballo que viña realizando Provigo>.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: