O Sindicato de Xornalistas de Galicia denuncia a privatización encuberta da CRTVG

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) demanda á Xunta un incremento progresivo da programación propia da CRTVG, cun calendario temporal cuxo cumprimento se poida verificar publicamente. O SXG critica a redución dos cartos para a produción propia e o aumento do orzamento para subcontratas previsto nas contas da Compañía pública para 2011. Ante estes feitos, o SXG rexeita as propostas para a privatización da CRTVG, impulsadas por axentes privados máis interesados en quitar rendementos económicos que en mellorar a oferta informativa e de lecer da CRTVG. Por iso, o Sindicato reclama ao actual Goberno da Xunta un rexeitamento explícito da privatización do ente público. Tanto a xestión como a produción da CRTVG deben ser públicas. O SXG denuncia a continúa e progresiva privatización encuberta da CRTVG pola vía da entrega a mans privadas da maior parte da programación. Todos os gobernos da historia da autonomía incorreron nesta práctica.  Os resultado é que directos, retransmisións e espazos de ficción están en mans privadas. Unicamente se salvan, polo de agora, os informativos, xa baixo xestión de produtoras nas delegacións da TVG.  O Sindicato demanda aos representes políticos galegos e á dirección da CRTVG que elabore e poña en marcha un proxecto que garanta a viabilidade, a competitividade e a independencia da CRTVG fronte aos gobernos de quenda na Xunta. É evidente que a actual CRTVG incumpre estes requisitos mínimos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: