Archive | noviembre 22, 2010

Caricaturas de Escritores “Linha, Ponto e Vírgula”, em Valença

Portugal

A exposição de caricaturas de escritores “Linha, Ponto e Vírgula”, do ilustrador André Carrilho, está patente ao público na Biblioteca Municipal de Valença, até 15 de Dezembro.

            “Linha, Ponto e Vírgula” reúne caricaturas de 80 escritores nacionais e estrangeiros, da autoria do ilustrador André Carrilho. Uma oportunidade singular para dar a conhecer perspectivas dos mais conceituados escritores portugueses, lusófonos e mundiais.

            Nascido em 1974, André Carrilho trabalha nas áreas da ilustração, caricatura, banda desenhada, cartoon e animação. Em 2002, recebeu o prémio de ouro para “portfolio” de ilustração da Society for News Design, um dos mais prestigiados prémios internacionais para ilustração de imprensa, e em 2003 foi galardoado com o prémio Zé Pacóvio e Grilinho 2003 na categoria de “Melhor Desenho”. É, actualmente, um dos principais ilustradores da imprensa portuguesa e um dos poucos que conseguiram chegar às mais importantes publicações do mundo. Trabalha para o “Independent on Sunday” e o “New York Times Book Review”, onde faz as capas com frequência. A nível nacional, tem publicado no Público, Vida Mundial, O Independente, Diário de Notícias, Diário Económico, Jornal de Negócios, Expresso, Euronotícias, Livros, Tabacaria, Egoísta e Ler. No estrangeiro, destacam-se ainda o “Fortune” e a “Harper’s Magazine”, e a revista londrina “Word”.

            As caricaturas de personalidades ligadas às artes, ao cinema e à literatura são a principal paixão de André Carrilho. Joan Didion, David Bowie, Katherine Hepburn, Picasso, Peter O’Toole, Marx, Ghandi e Brian Ferry estão entre as dezenas de personalidades que já caricaturou para a imprensa internacional. Já expões em Portugal, Brasil, França, Espanha e nos Estados Unidos.

            A exposição é promovida pela Câmara Municipal de Valença, a Casa de Camilo e o Centro de Estudos Camilianos.

OS FINALISTAS DO ‘XUVENTUDE CREA’ NA ESPECIALIDADE DE DESEÑO DE XOIAS E ARTES PLÁSTICAS EXPOÑEN AS SÚAS OBRAS EN SANTIAGO

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe a mostra que se poderá visitar ata o próximo día 4 de decembro
  • Os 23 finalistas do certame que organiza o departamento autonómico exhiben as súas pezas no Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés) Leer Más…

ACTIVIDADES CURTOPÍA // EVOLUCIÓN DO VIDEOCLIP EN GALICIA MAÑÁ ÁS 20:00 NO MARCO

CURTOPÍA Videoclips.
Mañá, martes 23 de novembro.
EVOLUCIÓN DO VIDEOCLIP EN GALICIA
20:00h no Auditorio do MARCO
Coloquio-análise sobre a evolución do videoclip en Galicia.
Tres dos xornalistas musicais de maior traxectoria de Galicia, que se atopan detrás dalgunhas das iniciativas máis importantes para a promoción dos videoclips, mostrarán as claves para coñecer a evolución deste formato.
Coordinador e moderador: Alberto Baamonde (Zinqin Audiovisual)
Salvador García, “Salva Ronko” (Radiovigo, Maketon Tv)
Nonito Pereira (Mondo Sonoro, Mostra Videoclips VKRS)
Alfonso Pato (Festival de Cans)

ROBERTO VARELA OFRECE AO MINISTERIO E ÁS COMUNIDADES AUTÓNOMAS DE ESPAÑA A CIDADE DA CULTURA COMO “PROXECTO DE ESTADO PARA O INTERCAMBIO E A COOPERACIÓN CULTURAL”

  • O conselleiro de Cultura e Turismo expresou no marco da XV Reunión do Pleno da Conferencia Sectorial celebrada en Santiago, o ofrecemento da Cidade da Cultura como “proxecto clave para a consecución de obxectivos concorrentes en materia cultural entre a Xunta de Galicia e o Goberno de España”.   
  • Roberto Varela trasladou á ministra de Cultura e aos representantes das Comunidades Autónomas e das Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla a importancia do complexo do Monte Gaiás como “instrumento de desenrolo económico, de reequilibrio territorial e de cohesión social”.

PORTOS PROGRAMA PARA MAÑÁN UNHA CONFERENCIA SOBRE O CAMIÑO PORTUGUÉS DENTRO DAS ACTIVIDADES DE TUI COMO PORTO XACOBEO

Os actos comezaron cunha exposición sobre o Camiño Xacobeo Portugués que estará exposta ata o vindeiro mércores

  • A conferencia será impartida polo presidente da Fundación Camiño de Santiago, Celestino Lores no edificio Área Panorámica en Tui

Portos de Galicia programou para mañán martes día 23 ás oito da tarde, unha conferencia a cargo do presidente da Fundación Camiño de Santiago, Celestino Lores no edificio Área Panorámica en Tui. O programa de actividades deu comezo o pasado día 18 cunha exposición sobre o Camiño Xacobeo Portugués que estará exposta  ata o 24 deste mes, no edificio Área Panorámica de Tui. O obxectivo deste programa é o de achegar o porto e a vila de Tui aos cidadáns, a través de varias actividades. Con este programa preténdese fundamentalmente dar a coñecer o  porto de Tui e a súa relación histórica co Camiño de Santiago, programando unha serie de actos nos que se pode participar ou aos que se pode asistir como espectador. Ao mesmo tempo poténcianse as instalacións portuarias dándolle un uso que integra a actividade económica e  o uso social e cultural dos portos de xeito harmónico. Portos de Galicia levará a cabo este programa nas instalacións portuarias distinguidas como portos Xacobeos. Trátase de portos que pola súa situación dentro dos diversos Camiños de Santiago están relacionados por ser punto de referencia para os peregrinos. Leer Más…

Limpadoras colexios Vigo.

As limpadoras/es dos colexios públicos de Vigo mantiveron hoxe un encontro co edil de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, e o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, para abordar unha solución ao conflito. Héctor comprometeuse a trasladar as peticións das traballadoras/es, que pasan por demandar a ampliación da xornada laboral para conseguir unha mellor base de cotización de cara á xubilación, á concelleira de Educación. Dende a CIG explicaron que as afectadas están dispostas a pactar os servizos mínimos da folga indefinidad que manteñen dende o mércores “se a empresa convoca ao comité de folga”, extremo que se pode producir mañá, día para o que está fixado un encontro entre as partes. A secretario comarcal da CIG-Servizos de Vigo, Transi Fernández, explicou que a compañía está a boicotear o dereito á folga ao encargara limpeza dos colexios a persoas alleas á propia empresa. “Xa lle trasladamos esta situación á Inspección de Traballo, que quedou en falar coa empresa”. Neste senso, denunciou que a empresa limpou moitos dos centros esta fin de semana.Finalmente, dende a central nacionalista rexeitaron o comunicado feito público por Linorsa esta fin de semana xa que lembran que as actuais demandas das limpadoras/as pasan unicamente pola ampliación do horario laboral para poder ter unha mellor base de cotización de cara á xubilación. “Moitas delas van ter que traballar 30 en lugar de 15 anos para poder xubilarse, mentres que coa nova reforma laboral algunhas non van poder nin xubilarse”, indica Fernández. A representante sindical lembra que a maior parte delas están a tempo parcial e demandan comezar a traballar antes das 6 da tarde. Un nutrido grupo de afectadas/os permaneceu durante boa parte da mañá nas dependencias municipais: o máis numeroso berrando consignas e facendo soar os seus silbatos na lonxa do Concello, mentres que outro grupo máis reducido estivo na primeira planta o tempo que durou o encontro cos representantes municipais.

A SECRETARIA XERAL PARA O TURISMO INAUGURA EN VIGO AS XORNADAS DE POSTA EN COMÚN DE EXPERIENCIAS DO PROGRAMA ‘VIVE GALICIA 2010’ COAS AXENCIAS GALEGAS DE VIAXE

  • Mª Carmen Pardo López informou que durante esta semana se celebrarán outras catro xornadas de debate noutras tantas cidades galegas: Ourense, A Coruña, Lugo e Santiago, ás que se poden sumar todas as axencias que o desexen.
  • O obxectivo deste programa é o de difundir a oferta de receptivo turístico a través de 71 paquetes de turismo experiencial, agrupados en doce tipoloxías diferentes, que van dende o turismo rural, o gastronómico, o multiaventura ou os Camiños de Santiago, entre outros.
  • O programa enmárcase dentro do chamado ‘Vende Galicia’, que busca incentivar a comercialización do destino Galicia a través das axencias de viaxe galegas retallistas. Ademais pretende mellorar os servizos turísticos en destino e diversificar a oferta turística da comunidade, e impulsar outra faceta de negocio das axencias galegas, o receptivo.

 

PORRIÑO ENTREGA LOS TRES PRIMEROS PREMIOS DE LA CAMPAÑA ESTE INVERNO PRESUME DE PRACEIRO TRAS REPARTIRSE 9.000 CUPONES DE PARTICIPACIÓN

El alcalde Nelson Santos y el concejal de Comercio, Marcelino Coto, participaron en el acto junto con una inspectora de la Xunta de Galicia, a través del cual Dolores Pérez, Lucía Vázquez y Mila Álvarez se proclamaron ganadoras de cheques de compra por valor de 150 euros. La iniciativa, en la que los usuarios deberán elegir a su placero favorito, se desarrolla hasta el 4 de diciembre y pretende poner en valor el comercio local, destacando la calidad, el buen servicio y la atención personalizada que en él se ofrece

La plaza de abastos de Porriño elegida por la Xunta para albergar esta campaña

El ente autonómico ha elegido a la plaza de abastos de Porriño entre otras de toda Galicia para albergar esta campaña promocional en la que además de elegir placero favorito, los usuarios participantes a través de su voto entrarán en dos sorteos quincenales, el primero de ellos celebrado hoy y el próximo, el 7 de diciembre, en los cuales saldrán, cada día, tres cupones ganadores que serán agraciados con cheques de compra por valor de 25, 50 y 75 euros para gastar en cualquiera de los puestos de la misma plaza de abastos. Leer Más…

Santi Domínguez anuncia que a mostra "Unha pinacoteca para Galicia" abrirá o venres na Casa das Artes con 83 obras

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este luns a exposición “Quiñones de León: unha nova pinacoteca para a Galicia” que, do 26 de novembro ao 13 de febreiro, exporá na Casa das Artes unha selección de 83 obras da colección municipal da plástica galega dos séculos XIX e XX. Na presentación, o nacionalista destacou que esta mostra, que se nutre dos fondos do Museo de Castrelos, é un avance da exposicón permanente que albergará a nova Pinacoteca. O tenente de alcalde explicou que o comisario da mostra, Carlos López Bernárdez, fixo a selección de 83 obras representativas da plástica galega dos séculos XIX e XX, entre as que figuran o nome de autores como Laxeiro, Colmeiro, Castelao, Lugrís, Serafín Avendaño, Maside e Sotomayor. Anunción tamén que se poderá contemplar a última obra adquirida polo Museo de Castrelos, no ano 2009, que é un bodegón de Luis Seoane do ano 1956.
O nacionalista destacou, por outra banda, que das 83 obras, 10 foron restauradas especificamente para a mostra. “Queremos que a cidadanía teña a oportunidade de achegarse á mellor selección da plástica dos séculos XIX e XX.

Mais Noticias http://xornal.vigo.org/

NOVAS RECEITAS DA COCIÑA DE LARPEIROS, de Benigno Campos

Participan Alfonso Cabaleiro, Secretario Xeral de Medios da Xunta de Galicia, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Xosé Cermeño, director do programa Larpeiros, Tomás Alonso, compañeiro do programa, e o autor, Benigno Campos. Martes 23 de novembro, ás 12:00 h, no salón principal do Real Club Náutico de Vigo.
 
 
Despois do extraordinario éxito do seu primeiro libro, Benigno Campos presenta as NOVAS RECEITAS DA COCIÑA DE LARPEIROS, onde nos achega todo o sabor da súa cociña, fácil e saborosa, aderezada cunhas cantigas populares interpretadas polo autor.