Economía e industria premia con cheques de desconto a máis de 260 consumidores.

Esta mañá realizáronse os primeiros 89 sorteos en outros tantos mercados englobados na campaña que dignifica e promove a figura das traballadoras e traballadores das prazas de abastos

  • A Consellería investiu 110.000 euros nesta iniciativa, que pretende dinamizar o pequeno comercio galego

  • A directora xeral de Comercio, Nava Castro, estivo presente esta mañá nos sorteos de Santiago, Pontevedra e Bouzas, onde puido comprobar de primeira man o éxito da campaña

  • A Consellería de Economía e Industria, a través da súa campaña “Este inverno, presume de praceira/o”, levou a cabo hoxe 89 sorteos de cheques de desconto de ata 75 euros en cada unha das 89 prazas de abastos participantes nesta pioneira iniciativa, coa que se premiou a un total de 267 consumidores galegos que elixiron as súas praceiras e praceiros favoritos.

 

A directora xeral de Comercio, Nava Castro, estivo presente nos sorteos realizados nos mercados de Santiago, Pontevedra e Bouzas, en Vigo, onde puido constatar o éxito acadado por esta campaña de dinamización do pequeno comercio que se vén desenvolvendo desde o pasado día 10 de novembro e na que a Consellería realizou un investimento de 110.000 euros. O obxectivo desta iniciativa é impulsar e visualizar o noso consumo nos mercados municipais galegos, así como potenciar a figura profesional das praceiras e praceiros. “Son traballadores que garanten un servizo profesional e personalizado, ademais de ofertar  produtos fresco de alimentación, especialmente galegos, e que son dunha altísima calidade”, sinalou a directora xeral de Comercio. Nesta campaña, ademais do sorteo de cheques de desconto entre os consumidores, a Consellería pretende recoñecer a figura destes traballadores a través da posta en marcha dunha votación do profesional mellor valorado, para o que foi necesario a colaboración dos clientes. En cada un dos mercados municipais participantes o procedemento foi o mesmo: cada praceira e praceiro entregou un cupón por compra aos seus clientes para que puidesen participar na campaña e no que, ademais dos seus datos, quedou reflectido o seu voto á mellor ou ao mellor profesional. Neste primeiro sorteo, e no que se levará a cabo dentro de 15 días, resultaron premiadas tres participacións con bonos de desconto de 25, 50 e 75 euros, que se poderán utilizar no propio mercado. Nestes sorteos determínase tamén a praceira ou praceiro preferido polos consumidores de cada mercado. Desde a Consellería de Economía e Industria estase tamén a apostar pola reactivación e o impulso ao pequeno comercio a través de diferentes liñas de actuación recollidas no Plan Ágora, agora re-Comercia, baseadas na reactivación e modernización do pequeno comercio en Galicia. Mediante este plan, estase a apoiar a modernización do pequeno comercio, a innovación e a incorporación das novas tecnoloxías. Impúlsase a cooperación empresarial, a formación continua dos comerciantes e o fomento da calidade tanto no comercio coma nos produtos. Contribúese tamén á dinamización tanto do comercio urbano coma do rural, estimulando o comercio local e apoiando especialmente os centros comerciais abertos, a venda ambulante, a modernización dos mercados municipais e o incremento e mellora do comercio nas zonas rurais de toda Galicia. “Estamos convencidos de que este tipo de actuacións permitirannos contar cun comercio moderno, competitivo e de altísima calidade”, asegurou Nava Castro 

  • Esta mañá realizáronse os primeiros 89 sorteos en outros tantos mercados englobados na campaña que dignifica e promove a figura das traballadoras e traballadores das prazas de abastos

  • A Consellería investiu 110.000 euros nesta iniciativa, que pretende dinamizar o pequeno comercio galego

  • A directora xeral de Comercio, Nava Castro, estivo presente esta mañá nos sorteos de Santiago, Pontevedra e Bouzas, onde puido comprobar de primeira man o éxito da campaña  A Consellería de Economía e Industria, a través da súa campaña “Este inverno, presume de praceira/o”, levou a cabo hoxe 89 sorteos de cheques de desconto de ata 75 euros en cada unha das 89 prazas de abastos participantes nesta pioneira iniciativa, coa que se premiou a un total de 267 consumidores galegos que elixiron as súas praceiras e praceiros favoritos. A directora xeral de Comercio, Nava Castro, estivo presente nos sorteos realizados nos mercados de Santiago, Pontevedra e Bouzas, en Vigo, onde puido constatar o éxito acadado por esta campaña de dinamización do pequeno comercio que se vén desenvolvendo desde o pasado día 10 de novembro e na que a Consellería realizou un investimento de 110.000 euros.

 O obxectivo desta iniciativa é impulsar e visualizar o noso consumo nos mercados municipais galegos, así como potenciar a figura profesional das praceiras e praceiros. “Son traballadores que garanten un servizo profesional e personalizado, ademais de ofertar  produtos fresco de alimentación, especialmente galegos, e que son dunha altísima calidade”, sinalou a directora xeral de Comercio.

 Nesta campaña, ademais do sorteo de cheques de desconto entre os consumidores, a Consellería pretende recoñecer a figura destes traballadores a través da posta en marcha dunha votación do profesional mellor valorado, para o que foi necesario a colaboración dos clientes. En cada un dos mercados municipais participantes o procedemento foi o mesmo: cada praceira e praceiro entregou un cupón por compra aos seus clientes para que puidesen participar na campaña e no que, ademais dos seus datos, quedou reflectido o seu voto á mellor ou ao mellor profesional. Neste primeiro sorteo, e no que se levará a cabo dentro de 15 días, resultaron premiadas tres participacións con bonos de desconto de 25, 50 e 75 euros, que se poderán utilizar no propio mercado. Nestes sorteos determínase tamén a praceira ou praceiro preferido polos consumidores de cada mercado.  Desde a Consellería de Economía e Industria estase tamén a apostar pola reactivación e o impulso ao pequeno comercio a través de diferentes liñas de actuación recollidas no Plan Ágora, agora re-Comercia, baseadas na reactivación e modernización do pequeno comercio en Galicia.

 Mediante este plan, estase a apoiar a modernización do pequeno comercio, a innovación e a incorporación das novas tecnoloxías. Impúlsase a cooperación empresarial, a formación continua dos comerciantes e o fomento da calidade tanto no comercio coma nos produtos. Contribúese tamén á dinamización tanto do comercio urbano coma do rural, estimulando o comercio local e apoiando especialmente os centros comerciais abertos, a venda ambulante, a modernización dos mercados municipais e o incremento e mellora do comercio nas zonas rurais de toda Galicia. “Estamos convencidos de que este tipo de actuacións permitirannos contar cun comercio moderno, competitivo e de altísima calidade”, asegurou Nava Castro

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: