Limpadoras colexios Vigo.

As limpadoras/es dos colexios públicos de Vigo mantiveron hoxe un encontro co edil de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, e o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, para abordar unha solución ao conflito. Héctor comprometeuse a trasladar as peticións das traballadoras/es, que pasan por demandar a ampliación da xornada laboral para conseguir unha mellor base de cotización de cara á xubilación, á concelleira de Educación. Dende a CIG explicaron que as afectadas están dispostas a pactar os servizos mínimos da folga indefinidad que manteñen dende o mércores “se a empresa convoca ao comité de folga”, extremo que se pode producir mañá, día para o que está fixado un encontro entre as partes. A secretario comarcal da CIG-Servizos de Vigo, Transi Fernández, explicou que a compañía está a boicotear o dereito á folga ao encargara limpeza dos colexios a persoas alleas á propia empresa. “Xa lle trasladamos esta situación á Inspección de Traballo, que quedou en falar coa empresa”. Neste senso, denunciou que a empresa limpou moitos dos centros esta fin de semana.Finalmente, dende a central nacionalista rexeitaron o comunicado feito público por Linorsa esta fin de semana xa que lembran que as actuais demandas das limpadoras/as pasan unicamente pola ampliación do horario laboral para poder ter unha mellor base de cotización de cara á xubilación. “Moitas delas van ter que traballar 30 en lugar de 15 anos para poder xubilarse, mentres que coa nova reforma laboral algunhas non van poder nin xubilarse”, indica Fernández. A representante sindical lembra que a maior parte delas están a tempo parcial e demandan comezar a traballar antes das 6 da tarde. Un nutrido grupo de afectadas/os permaneceu durante boa parte da mañá nas dependencias municipais: o máis numeroso berrando consignas e facendo soar os seus silbatos na lonxa do Concello, mentres que outro grupo máis reducido estivo na primeira planta o tempo que durou o encontro cos representantes municipais.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: