OS FINALISTAS DO ‘XUVENTUDE CREA’ NA ESPECIALIDADE DE DESEÑO DE XOIAS E ARTES PLÁSTICAS EXPOÑEN AS SÚAS OBRAS EN SANTIAGO

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe a mostra que se poderá visitar ata o próximo día 4 de decembro
  • Os 23 finalistas do certame que organiza o departamento autonómico exhiben as súas pezas no Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés)

 Os 23 finalistas do ‘Xuventude Crea 2010’ na especialidade de deseño de xoias e artes plásticas expoñen desde hoxe as súas obras nunha exposición colectiva inaugurada este serán no Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés), en Santiago. A mostra, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, foi inaugurada hoxe polo director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e poderá visitarse en horario ininterrompido de 10,00 a 22,00 horas ata o próximo día 4 de decembro.Na exposición exhibiranse os deseños de xoias asinados por Damián Alonso Ares, baixo o título ‘Movementos sobre a terra’; Rebeca Abadía Gil, con ‘Entroido rolo’; Andrea Piñeiro Piñeiro, ‘Mare mio’; Ana Seara Ferreiro, ‘Gaiolas’; Verónica Jorge Carballeda, ‘Pensamientos Zen’; e Eva Soto Conde, ‘A xoia do coleccionista’.No eido da fotografía, poderanse ver as obras de Daniel Candal Álvarez, ‘Todos íbamos en ese tren’; de Jose Collazo Méndez, ‘H K’; David Rodríguez Casas, ‘Pegadas do tempo’; Marta González Suárez, ‘Suspensión’; Javier López Prol, ‘Miradas’; e Pablo Alonso Rodríguez, ‘Kyoto’.A elas sumaranse as pezas esculpidas por Sheila Pazos, ‘Sin título’; Pablo Rodríguez Barreiro, ‘Brain S torm’; Oliver Requeijo Fernández, ‘¿Me das cera?’; Montserrat Piñeiro Torres, ‘Hic et nunc’; e Tania Pérez Arribas, ‘Al otro lado del espejo’.Tamén se poderán ver as obras pictóricas de José Andrés Santiago Iglesias, A.M.A.D.E.C.A.S.A. (da serie ‘Fetiches’); Miguel Cuba Taboada, ‘Nova Babilonia’; Iago Eireos Franco, ‘Gipsy’; Sheila Pazos Solva, ‘Sin título’; Alexandra García, ‘Habitación cerrada’.

 Case 300 mozos e mozas e un total de 186 obras

Arredor duns 300 mozos e mozas da comunidade presentaron un total de 186 obras artísticas ao certame ‘Xuventude Crea 2010’ que convoca  o Goberno galego. A presente edición incluíu un total de 11 especialidades diferentes: teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis e deseño de xoias. A iniciativa, orientada a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos residentes en Galicia, contou neste exercicio cun total de 280.000 euros. Unha gala final, que se celebrará o próximo 30 de novembro no Teatro Colón da Coruña, recoñecerá o labor e o arte da mocidade galega. No evento participarán os gañadores de todas as especialidades, que recibirán os seus diplomas. O público poderá asistir a unha escolma das súas creacións.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: