PORTOS PROGRAMA PARA MAÑÁN UNHA CONFERENCIA SOBRE O CAMIÑO PORTUGUÉS DENTRO DAS ACTIVIDADES DE TUI COMO PORTO XACOBEO

Os actos comezaron cunha exposición sobre o Camiño Xacobeo Portugués que estará exposta ata o vindeiro mércores

  • A conferencia será impartida polo presidente da Fundación Camiño de Santiago, Celestino Lores no edificio Área Panorámica en Tui

Portos de Galicia programou para mañán martes día 23 ás oito da tarde, unha conferencia a cargo do presidente da Fundación Camiño de Santiago, Celestino Lores no edificio Área Panorámica en Tui. O programa de actividades deu comezo o pasado día 18 cunha exposición sobre o Camiño Xacobeo Portugués que estará exposta  ata o 24 deste mes, no edificio Área Panorámica de Tui. O obxectivo deste programa é o de achegar o porto e a vila de Tui aos cidadáns, a través de varias actividades. Con este programa preténdese fundamentalmente dar a coñecer o  porto de Tui e a súa relación histórica co Camiño de Santiago, programando unha serie de actos nos que se pode participar ou aos que se pode asistir como espectador. Ao mesmo tempo poténcianse as instalacións portuarias dándolle un uso que integra a actividade económica e  o uso social e cultural dos portos de xeito harmónico. Portos de Galicia levará a cabo este programa nas instalacións portuarias distinguidas como portos Xacobeos. Trátase de portos que pola súa situación dentro dos diversos Camiños de Santiago están relacionados por ser punto de referencia para os peregrinos. Cada porto será identificado cun monolito e con cartelería específica co lema dos portos xacobeos: “Hai camiño polo mar”. Ademais, toda a información, programación e actos figurarán na páxina web www.portosxacobeos.com.

Portos Xacobeos

Esta aportación da Consellería do Mar ao fenómeno Xacobeo supón unha gran oportunidade para dar a coñecer por primeira vez a vinculación dos portos cos diferentes Camiños, nunha aposta por favorecer o coñecemento das nosas instalacións portuarias. Tamén se aproveita a oportunidade que nos ofrece este ano Santo para achegar a realidade sociocultural dos municipios galegos tanto aos seus habitantes coma aos seus visitantes. En total, 15 portos forman parte deste programa que engloba cinco Camiños de Santiago: o do Norte, Fisterra-Muxía, Camiño Inglés, Portugués e ruta Marítima de Arousa. Os portos distinguidos como Portos Xacobeos son os de Ribadeo, Betanzos, Pontedeume, Corcubión, Cee, Muxía, Fisterra, Tui, Pontevedra, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Cambados, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: