REMATA CONVOCATORIA DA NOVENA BIENAL DE PINTURA DO EIXO ATLANTICO

O primeiro premio ascende aos 3.000 euros

É a única exposición itinerante e transfronteiriza entre dous países, na Unión Europea. As obras elixidas serán expostas, ao longo de dous anos, nas 34 cidades que forman parte da entidade transfronteiriza A convocatoria da IX edición da Bienal de pintura do Eixo Atlântico concluirá o vindeiro 30 de novembro. Nesta novena edición poden concorrer todos os artistas naturais ou residentes en Galicia ou o Norte de Portugal. Trátase dun acontecemento artístico de primeira magnitude xaque, ademais de promocionar aos artistas da eurorrexión, se consolida como unha das tres mellores exposicións itinerantes de pintura da Península Ibérica. Na última edición foron elixidas unha treintena de obras. Hai que destacar que esta exposición cumpre nove edicións, cun cadencia de entre un e dous anos de exposición itinerante, e dicir un periplo de 15 anos de historia do Eixo Atlántico, sendo unha das primeiras iniciativas da entidade transfronteiriza. Ademais, constitúese como a única exposición en Europa de carácter itinerante y que se desenvolve en dous países. O Obxectivo da Bienal de Pintura é o impulso á creatividade dos artistas e á creación valor engadido no patrimonio artístico da eurorrexión.

As bases

Segundo as bases, cada autor poderá concursar só cunha obra de pintura, orixinal e inédita e que non fose exposta, nin presentada con anterioridade a ningún outro certame ou concurso. Tanto o tema como a técnica a utilizar serán de libre elección. As dimensións das obras non serán inferiores a 65 cm. no seu lado menor nin superiores a 120 x 120 cm.  Os autores que desexen participar formalizarán unha Inscrición a través da páxina web do Eixo Atlántico, http://www.eixoatlantico.com ate ao 30 de novembro de 2010.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: