Archive | noviembre 23, 2010

Caixa Galicia y Cruz Roja reconstruyen un centro educativo para 500 escolares en Haití

  • Caixa Galicia y sus clientes aportan 285.000 euros para normalizar la vida escolar en Haití
  • Cerca de 500 niños y jóvenes se beneficiarán de la construcción del centro educativo Los fondos obtenidos en la cuenta abierta por Caixa Galicia tras el terremoto de Haití servirán para reconstruir la Escuela Nacional mixta de Darbonne, de titularidad pública y una de las más grandes en el área de Leogane, en Haití. Alberto de Castro, director de Cooperación Internacional de Cruz Roja Española, acompañado por Manuel Aguilar, director de la Obra Social de Caixa Galicia, y Carmen Colmeiro, presidenta autonómica de Cruz Roja en Galicia, fue el encargado de presentar esta mañana en Leer Más…

SON Estrella Galicia presenta… Royal Crown Revue

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
SON Estrella Galicia presenta …Royal Crown Revue:
 
Teatro Lara, Madrid         Ju  25.11.2010 

Playa Club, Coruña           Vi 26.11.2010 

O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO OFRECE UNHA OLLADA CONTEMPORÁNEA DA “SALOMÉ” DE OSCAR WILDE BAIXO A DIRECCIÓN DE CARLOS SANTIAGO

Roberto Varela presentou hoxe esta primeira produción da compañía pública baixo a xestión de Blanca Cendán, que será estreada o venres 26 ás 21.00 horas no Salón Teatro  O conselleiro de Cultura destacou a nova lectura que da obra do dramaturgo irlandés ofrece este espectáculo, situando a acción nun contexto actual e recoñecible  María Mera como Salomé e Pepe Penabade como Herodes encabezan o elenco que completan María Salgueiro, Hugo Torres, Marcos Correa e Alberte Cabarcos

§    O CDG desenvolverá unha extensa xira de exhibición por escenarios galegos e portugueses ata completar un total de 42 funcións Leer Más…

O CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS ASINA SENDOS CONVENIOS CO CASELAS FUTBOL CLUB E A ASOCIACIÓN DE AMIGOS DA MÚSICA POR VALOR DE 30.000 € CADA UN

O Concello inviste 73.900 € en axudas directas aos clubes deportivos e 55.600 ás asociacións culturais

   Marcos Besada, Alcalde de Salceda de Caselas, e Manuel Besada e Leonardo Fernández, Presidentes do Caselas Futbol Club e da Asociación Amigos da Música respectivamente, veñen de asinar os convenios de colaboración para este ano. Ditas entidades recibirán un total de 30.000 euros cada unha para sufragar os gastos de funcionamento. A sinatura do convenio levouse a cabo, no caso do Caselas F. C., durante o descanso do partido que enfrontou ao club co Bouzas B, o pasado sábado no Campo Municipal da Gándara, e no caso da Asociación Amigos da Música no concerto que a banda de música ofreceu o mesmo sábado no Auditorio Municipal presentando os temas cos que competiu no Certame Galego de Bandas de Música. Leer Más…

EL GOBIERNO LOCAL APRUEBA EL PROYECTO DE COLECTORES SECUNDARIOS PARA LA CONEXIÓN CON LA EDAR CON UN PRESUPUESTO DE 2.000.0000 DE EUROS

En la sesión extraordinaria del pleno, celebrada en la tarde de ayer, también se aprobó una transferencia de crédito destinando partidas no utilizadas del presupuesto a actuaciones necesarias en el municipio como limpieza, energía eléctrica, acondicionamiento de viales y saneamiento. Asimismo, se llevó adelante la aprobación inicial de un crédito extraordinario  para pagar gastos acometidos en gran parte por el anterior Gobierno nacionalista durante el año 2009

25 DE NOVEMBRO- DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Baixo o lema “Recortar recursos é atentar contra a igualdade” a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza desenvolve a campaña do 25 de Novembro de 2010 do Día internacional contra a violencia machista. Por iso denunciamos todas as faces da violencia, a institucional por abandonar os recursos de igualdade, a educativa por carecer de estratexias serias, a familiar por querer perpetuar o modelo de familia patriarcal.

 

Queremos que se acabe xa coa complicidade entre o poder político e os grupos pro-vida para recortar os dereitos das mulleres.

 

SON TEMPOS DE CRISE DA IGUALDADE, por iso o feminismo é tan necesario  

MANIFESTACIÓN, XOVES 25 DE NOVEMBRO, ÁS 8 DA TARDE

DESDE A PRAZA DE URZAIZ (ENTRADA A RUA DE PRÍNCIPE)

Galicia copou tres dos cinco finalistas na categoría de producto nos premios nacionais de artesanía co apoio de economia e industria.

As candidaturas de Viviana Araújo, Rosa Méndez e Óscar Rodríguez, que forman parte dos cinco seleccionados para o premio “Produto”, foron promovidas pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño para a quinta edición dos premios e contaron hoxe en Madrid co respaldo da directora xeral de Comercio, Nava Castro

  • Os tres finalistas verán como a súa obra se integra na exposición que percorrerá España
  • A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, está a impulsar diferentes liñas de actuación para apoiar o desenvolvemento e a promoción do sector artesán galego

A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, apoiou hoxe a presenza das tres candidaturas finalistas aos Premios Nacionais de Artesanía 2010, convocados polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, coa presenza da directora xeral de Comercio, Nava Castro. Os aspirantes ao galardón eran o artesán de alta xoiería do concello lugués de Viveiro, Óscar Rodríguez; a xoieira en vidro de Santiago, Rosa Méndez e a sombreireira de Pontevedra, Viviana Araújo. Foron tres dos cinco finalistas á categoría Premio Produto 2010, que distingue o mellor produto ou colección dos últimos dous anos e que será fallado en Madrid o vindeiro 23 de novembro.

 

ECONOMÍA E INDUSTRIA XEROU INVESTIMENTOS POR VALOR DE 8,7 MILLÓNS CON CINCO LIÑAS DE AXUDAS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA, QUE VÉN DE RESOLVER NUN PRAZO RECORD DE POUCO MÁIS DE DOUS MESES

O departamento que dirixe Javier Guerra continúa así co compromiso de redución de tempos de tramitación e resolución de subvencións e de achegamento da administración ao cidadán 

  • A Consellería continúa prestando desde o Instituto Enerxético de Galicia unha especial sensibilidade para cos concellos, posto que as axudas dirixidas especificamente ás entidades locais alcanzan unha contía subvencionable de ata o 75%
  • Un total de 275 entidades, entre elas 107 concellos, se veñen de beneficiar destas subvencións, de acordo coa resolución publicada hoxe no DOG
  • O Inega vén de conceder axudas a un total de 77 municipios para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior; a 22 concellos para a realización de auditorías enerxéticas a instalacións de iluminación pública e a outros 8 para levar adiante auditorías enerxéticas a edificios municipais

A CONSELLERÍA DO MAR RECOLLE AS PROPOSTAS DO SECTOR NA PROCURA DUNHA REGULARIZACIÓN TOTAL DA FROTA

Juan Maneiro reuniuse cos representantes das confrarías de Galicia para informalos da situación do proceso de regularización da frota e da Plataforma Tecnolóxica da Pesca 

 

  • A propia conselleira reiterou onte á secretaria general del Mar a demanda da necesidade de atopar unha solución para as máis de 1.000 embarcacións que non superarían o proceso
  • O director xeral informou aos asistentes do cambio, a través de concurso público, de empresa adxudicataria que xestiona os servizos da Plataforma Tecnolóxica da Pesca. Leer Más…

PORTOS DE GALICIA CELEBRA MAÑÁ EN SANTIAGO UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE BANDEIRAS AZUIS NAS INSTALACIÓNS NÁUTICO RECREATIVAS

O obxectivo para o ano 2011 é que a práctica totalidade das instalacións náutico recreativas, competencia de Portos, poidan optar a conquerir a Bandeira Azul

Ao igual que o pasado ano, Portos de Galicia organiza unha xornada informativa sobre “Bandeiras Azuis nas instalacións náutico recreativas de Galicia” co obxecto de informar acerca das condicións necesarias para obter o citado galardón. A xornada informativa celebrarase en Santiago no Salón de Actos do Instituto Galego da Vivenda e Solo. O obxectivo para o ano 2011 é que a práctica totalidade das instalacións náutico recreativas, competencia de Portos de Galicia, poidan optar a conquerir a “Bandeira Azul”.Con esta xornada informativa, Portos de Galicia comeza unha intensa colaboración cos xestores das instalacións náutico recreativas. Esta iniciativa de Portos de Galicia atópase encadrada dentro da acción “Apoiar aos portos deportivos na obtención do distintivo “Bandeira azul”, unha acción transnacional executada dentro do proxecto europeo NEA2, (aprobado pola iniciativa comunitaria INTERREG IV B Espacio Atlántico), e liderada por Galicia a través do ente público Portos de Galicia, na que tamén participan portos portugueses e franceses.