A CONSELLERÍA DO MAR RECOLLE AS PROPOSTAS DO SECTOR NA PROCURA DUNHA REGULARIZACIÓN TOTAL DA FROTA

Juan Maneiro reuniuse cos representantes das confrarías de Galicia para informalos da situación do proceso de regularización da frota e da Plataforma Tecnolóxica da Pesca 

 

  • A propia conselleira reiterou onte á secretaria general del Mar a demanda da necesidade de atopar unha solución para as máis de 1.000 embarcacións que non superarían o proceso
  • O director xeral informou aos asistentes do cambio, a través de concurso público, de empresa adxudicataria que xestiona os servizos da Plataforma Tecnolóxica da Pesca.
  • O director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Carlos Maneiro, mantivo unha xuntanza na Federación Galega de Confrarías cos representantes das confrarías de Galicia para informar ao sector sobre a situación do proceso de regularización da frota e da Plataforma Tecnolóxica da Pesca. O director xeral informou ao sector dos esforzos que está a realizar a Xunta para que ningunha das 1.127 embarcacións que non superaron o proceso de regularización queden fóra da actividade e recolleu as súas propostas ao respecto para estudalas, ver a súa viabilidade e trasladarllas ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino unha vez máis. Juan Maneiro deu conta aos patróns maiores das confrarías do resultado da reunión mantida a semana pasada na Secretaría General del Mar, na que a Consellería do Mar espuxo as súas propostas para evitar dar de baixa ás embarcacións do censo. O director xeral explicoulles que a Xunta aínda non obtivo unha resposta concreta por parte do Ministerio. Neste sentido, cabe lembrar que a Xunta está a traballar dende o primeiro momento na procura dunha alternativa para acadar a regularización total da frota. De feito, onte, a propia conselleira do Mar, Rosa Quintana, demandou directamente á secretaria general del Mar, Alicia Villauriz, a necesidade de atopar unha solución para as máis de 1.000 embarcacións que non superarían o proceso e lembroulle que xa trasladara á ex-ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, a apertura dun novo proceso de regularización, posto que é o ministerio o que ten a competencia para facelo. A situación da Plataforma Tecnolóxica da Pesca foi o outro asunto que se tratou na xuntanza. O director xeral informou aos asistentes do cambio, a través de concurso público, de empresa adxudicataria que xestiona os servizos da plataforma. Este cambio, segundo explicou, realizouse co obxectivo de avanzar no mantemento dos equipos informáticos das lonxas e confrarías que utilizan este espazo e na obtención de datos de capturas de pesca, vendas e outra información relativa ao sector pesqueiro e acuícola de Galicia.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: