ECONOMÍA E INDUSTRIA XEROU INVESTIMENTOS POR VALOR DE 8,7 MILLÓNS CON CINCO LIÑAS DE AXUDAS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA, QUE VÉN DE RESOLVER NUN PRAZO RECORD DE POUCO MÁIS DE DOUS MESES
O departamento que dirixe Javier Guerra continúa así co compromiso de redución de tempos de tramitación e resolución de subvencións e de achegamento da administración ao cidadán
- A Consellería continúa prestando desde o Instituto Enerxético de Galicia unha especial sensibilidade para cos concellos, posto que as axudas dirixidas especificamente ás entidades locais alcanzan unha contía subvencionable de ata o 75%
- Un total de 275 entidades, entre elas 107 concellos, se veñen de beneficiar destas subvencións, de acordo coa resolución publicada hoxe no DOG
- O Inega vén de conceder axudas a un total de 77 municipios para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior; a 22 concellos para a realización de auditorías enerxéticas a instalacións de iluminación pública e a outros 8 para levar adiante auditorías enerxéticas a edificios municipais