Galicia copou tres dos cinco finalistas na categoría de producto nos premios nacionais de artesanía co apoio de economia e industria.

As candidaturas de Viviana Araújo, Rosa Méndez e Óscar Rodríguez, que forman parte dos cinco seleccionados para o premio “Produto”, foron promovidas pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño para a quinta edición dos premios e contaron hoxe en Madrid co respaldo da directora xeral de Comercio, Nava Castro

  • Os tres finalistas verán como a súa obra se integra na exposición que percorrerá España
  • A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, está a impulsar diferentes liñas de actuación para apoiar o desenvolvemento e a promoción do sector artesán galego

A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, apoiou hoxe a presenza das tres candidaturas finalistas aos Premios Nacionais de Artesanía 2010, convocados polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, coa presenza da directora xeral de Comercio, Nava Castro. Os aspirantes ao galardón eran o artesán de alta xoiería do concello lugués de Viveiro, Óscar Rodríguez; a xoieira en vidro de Santiago, Rosa Méndez e a sombreireira de Pontevedra, Viviana Araújo. Foron tres dos cinco finalistas á categoría Premio Produto 2010, que distingue o mellor produto ou colección dos últimos dous anos e que será fallado en Madrid o vindeiro 23 de novembro.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: