O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO OFRECE UNHA OLLADA CONTEMPORÁNEA DA “SALOMÉ” DE OSCAR WILDE BAIXO A DIRECCIÓN DE CARLOS SANTIAGO

Roberto Varela presentou hoxe esta primeira produción da compañía pública baixo a xestión de Blanca Cendán, que será estreada o venres 26 ás 21.00 horas no Salón Teatro  O conselleiro de Cultura destacou a nova lectura que da obra do dramaturgo irlandés ofrece este espectáculo, situando a acción nun contexto actual e recoñecible  María Mera como Salomé e Pepe Penabade como Herodes encabezan o elenco que completan María Salgueiro, Hugo Torres, Marcos Correa e Alberte Cabarcos

§    O CDG desenvolverá unha extensa xira de exhibición por escenarios galegos e portugueses ata completar un total de 42 funcións

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, presentou hoxe no Salón Teatro de Santiago o espectáculo Salomé, nova produción do Centro Dramático Galego (CDG) realizada a partir da obra de Oscar Wilde con dirección de Carlos Santiago, que será estreada o vindeiro venres día 26, ás 21.00 horas, neste mesmo escenario. Segundo sinalou Roberto Varela, a posta en escena ideada polo director galego achéganos unha “moi especial” revisión da traxedia escrita polo gran dramaturgo irlandés, dando boa conta do “mellor que o teatro galego pode ofrecer”. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos Fernández Fasero; a directora do CDG, Blanca Cendán; o propio Carlos Santiago e a actriz María Mera, quen interpreta a Salomé, interviñeron tamén nesta presentación, durante a que o titular de Cultura avanzou a extensa xira de tres meses que a compañía pública desenvolverá con este espectáculo trala súa exhibición en Santiago, onde permanecerá ata o 19 de decembro. Serán, en total, 42 as representacións que se desenvolverán en 11 escenarios galegos e 3 portugueses ata finais de marzo de 2011.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: