O CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS ASINA SENDOS CONVENIOS CO CASELAS FUTBOL CLUB E A ASOCIACIÓN DE AMIGOS DA MÚSICA POR VALOR DE 30.000 € CADA UN

O Concello inviste 73.900 € en axudas directas aos clubes deportivos e 55.600 ás asociacións culturais

   Marcos Besada, Alcalde de Salceda de Caselas, e Manuel Besada e Leonardo Fernández, Presidentes do Caselas Futbol Club e da Asociación Amigos da Música respectivamente, veñen de asinar os convenios de colaboración para este ano. Ditas entidades recibirán un total de 30.000 euros cada unha para sufragar os gastos de funcionamento. A sinatura do convenio levouse a cabo, no caso do Caselas F. C., durante o descanso do partido que enfrontou ao club co Bouzas B, o pasado sábado no Campo Municipal da Gándara, e no caso da Asociación Amigos da Música no concerto que a banda de música ofreceu o mesmo sábado no Auditorio Municipal presentando os temas cos que competiu no Certame Galego de Bandas de Música.

            Tanto o Caselas Futbol Club como a Banda de Música Cultural de Salceda son a maior representación do Concello en materia de deporte e cultura, contando en émbolos dous casos, ademáis de co correspondente convenio de colaboración, co uso de instalacións municipais: O campo de futbol municipal da Gándara e a recén inaugurada Casa da Música.

            Nos vindeiros días dende a Concellería de Deportes, que dirixe Teresa Pérez, asinaranse os convenios de colaboración co resto de entidades deportivas, cun investimento total de 73.900 € en deporte e 55.600 € en materia de cultura.

            Marcos Besada, Alcalde de Salceda, trasladoulle o seu total tanto ao Caselas Futbol Club, dándolle todo o seu ánimo para acadar o mellor resultado posible na temporada. En canto á Banda de Música, o alcalde recoñeceulles a importante labor social que realizan, xa que case 300 rapaces e rapazas se están a formar actualmente nas clases ofertadas dende a asociación.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: