Archivo | noviembre 23, 2010

ECONOMÍA E INDUSTRIA XEROU INVESTIMENTOS POR VALOR DE 8,7 MILLÓNS CON CINCO LIÑAS DE AXUDAS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA, QUE VÉN DE RESOLVER NUN PRAZO RECORD DE POUCO MÁIS DE DOUS MESES

O departamento que dirixe Javier Guerra continúa así co compromiso de redución de tempos de tramitación e resolución de subvencións e de achegamento da administración ao cidadán

  • A Consellería continúa prestando desde o Instituto Enerxético de Galicia unha especial sensibilidade para cos concellos, posto que as axudas dirixidas especificamente ás entidades locais alcanzan unha contía subvencionable de ata o 75%
  • Un total de 275 entidades, entre elas 107 concellos, se veñen de beneficiar destas subvencións, de acordo coa resolución publicada hoxe no DOG
  • O Inega vén de conceder axudas a un total de 77 municipios para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior; a 22 concellos para a realización de auditorías enerxéticas a instalacións de iluminación pública e a outros 8 para levar adiante auditorías enerxéticas a edificios municipais

AÚN HAY PLAZAS DISPONIBLES PARA EL TALLER DE EMANCIPACIÓN JUVENIL en PORRIÑO

El programa, puesto en marcha por el Concello do Porriño, orientará a este colectivo en la búsqueda de empleo y en la adquisición o alquiler de una vivienda  Los interesados en participar en esta actividad que se celebrará durante la tarde del próximo día 13 de diciembre deben inscribirse cuanto antes en la OMIX

O alcalde denuncia que a Xunta quere subvencionar a Santiago voos con "dez veces máis aportación de viaxeiros" que a Vigo

Abel Caballero iniciou este martes os contactos con colectivos da cidade para pulsar a súa opinión sobre o reparto das subvencións a rutas aéreas nos tres aeroportos galegos. O rexedor asegurou que as seis conexións sufragadas a Lavacolla achegarían 266.000 viaxeiros polos 21.000 das dúas de Peinador. Caballero resaltou que empresarios, veciños e hosteleiros comparten a súa “inmensa preocupación” por un reparto “desequilibrado”. En rolda de prensa, o rexedor vigués explicou que os seis voos que o goberno autonómico propuxo subvencionar no Comité de Rutas para Lavacolla (París, Londres, Francfort, Zurich, Roma e Palma de Mallorca) aportan 266.000 viaxeiros a Santiago, mentres que o pretendido para Vigo (Sevilla e unha ruta internacional que inicialmente sería Bruxelas, aínda que non está pechado) suporía 21.000 pasaxeiros para Peinador. A Xunta “está a deixar luz verde ao aeroporto de Oporto”, apuntou o socialista.
Caballero, que rexeita esta proposta autonómica por “desequilibrada”, asegurou que os pasaxeiros dos voos internacionais que prevé a Xunta para Santiago proceden de Vigo e denunciou que a Xunta de Galicia quere que Lavacolla sexa o aeroporto internacional de Galicia e deixar Vigo para as conexións internas, como Madrid ou Barcelona. “O Concello non vai tolerar que a Xunta anule o aeroporto de Vigo”.

Mais noticias en http://xornal.vigo.org/

O galego Ce Orquestra Pantasma pecha mañá os espectáculos de rúa da programación cultural da Universidade de Vigo

Ce Orquestra Pantasma é capaz de trasladar ao público aos espectáculos de principios do século XX.  Este multiinstrumentista será o encargado de pechar os espectáculos de rúa da programación cultural deste cuadrimestre deseñada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo. Co seu Home osquestra, conta cun inmenso repertorio de máis de 900 cancións. Ce Orquestra está presente en todos os festivais de música galegos.

CE ORQUESTRA PANTASMA

Home Orquestra

Data:      24 de novembro 

Hora:     14,15 h  //  Entrada libre

Lugar:    Centro comercial. Campus de Vigo. Universidade de Vig0

 

70 ALUMNOS DA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS PODERÁN ESTUDIAR VARIAS LINGUAS NO ESTRANXEIRO BECADOS POLO CONCELLO

As becas “Alcaldía de Vigo” súmanse as 250 ofertadas este curso entre os estudantes de secundaria da cidade

  • Aprobadas as bases da convocatoria para a estancia lingüística no estranxeiro dos estudantes da EOI cun investimento de 100.000 euros.
  • A convocatoria vai dirixida aos alumnos matriculados nos niveis intermedio II e avanzado I dos departamentos de inglés, francés, alemán e italiano.
  • Caballero avanza que se ampliarán a 450 bolsas, entre secundaria e EOI, e que “este é o mellor legado que se lle pode deixar aos mozos”

 A Xunta de Goberno Local deu hoxe luz verde as bases reguladoras e a convocatoria específica das bolsas “Alcaldía de Vigo” para estancias lingüísticas no estranxeiro para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, curso 2010-2011. En total son 70 bolsas, que se adxudicarán en réxime de concorrencia competitiva, para estudantes matriculados nos niveis intermedio II e avanzado I dos departamentos dos idiomas de inglés, francés, alemán e italiano, e ás que o goberno local adicará un investimento de 100.000 euros. As bolsas estarán repartidas do seguinte xeito: 55 a Londres, 9 a París, 4 a Berlín e 2 a Roma. A bolsa irá destinada, tal e como recollen as bases, a estancia durante dúas semanas en Inglaterra, Francia, Alemaña e Italia, cos gastos de viaxe de ida e volta desde Vigo ata a cidade de destino incluídos. Ademais está tamén incluída a matrícula do curso intensivo nun centro académico cun programa de clases de 30 horas semanais e o aloxamento en residencias universitarias ou outras. Leer Más…

XX SEMANA DE CINE SUBMARINO DE VIGO

 A XX edición da Semana Internacional de Cine Submarino dará comezo mañá mércores, 24 de novembro a partires das 12,00 horas, coa conferencia “Así se fixo o mar da fin do mundo” a cargo de Manuel E. Garci, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias do Mar e Bioloxía da Universidade de Vigo. O mar da fin do mundo é unha das producións galegas que este ano estrea a Semana, único festival deste tipo en España que coproduce. A primeira xornada do ciclo continuará pola tarde, coa proxección no Centro Cultural Caixanova de Life: Peces e Pacífico Sur: Un paraíso frágil. A continuación, celebrarase un debate moderado por Valentín Trujillo Gorbea. director do Centro Oceanográfico de Vigo (IEO). 

Xornada I Lugar Hora
Conferencia: Manuel E. Garci

Así se fixo o mar da fin do mundo

 

Salón de Actos Ciencias do Mar (Campus Universitario de Vigo) 12.00 horas.
Proxeccións e coloquio:

“LIFE: PECES” (BBC Discovery Channel)

 

“PACÍFICO SUR: UN PARAÍSO FRÁGIL” (BBC Discovery Channel)

 

Centro Cultural Caixanova 20.00 horas

 Nota: A XX Semana de Cine Submarino ofrece, dentro da súa programación, pases especiais  para os escolares da cidade en horario de 10.00 e 12.00 horas.

 

 

CHEGA A REDONDELA “MERCA NA RÚA”, UNHA ACTIVIDADE DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL QUE SORTEARÁ 3.000 EN VALES DE COMPRA ENTRE OS CLIENTES DO COMERCIO LOCAL PARA FOMENTAR O CONSUMO.

A campaña de dinamización comercial “Merca na Rúa” promovida pola Deputación de Pontevedra e a Dirección Xeral da Xunta de Galicia a través da oficina provincial de Comercio REDIC terá lugar en Redondela entre o 22 de novembro e o 4 de decembro. A iniciativa foi presentada hoxe pola Deputada Provincial Paqui Canal e o Presidente da Asociación de Empresarios de Redondela (AER), José Antonio Gómez Pérez. Trátase dunha actividade de dinamización comercial coa que se pretende  fomentar as ventas e incentivar o consumo no pequeno comercio; a visualización do comercio de proximidade; fomentar o asociacionismo; e animar as rúas comerciais das vilas. A iniciativa que por segundo ano se desenvolverá en 10 vilas da provincia de Pontevedra, sorteará en cada unha delas 3.000 euros en vales de compra (24 vales de 100€ e 2 de 300€)  para gastar nos comercios locais. Estará en Forcarei do 2 ó 13 de novembro; en Cambados do 8 ó 20 de novembro; en Poio do 15 ó 27 de novembro; en Redondela do 22 de novembro ó 4 de decembro; en Valga do 29 novembro ó 11 de decembro e nos municipios de Porriño, Tui, Silleda, Cangas, e Caldas en datas que están aínda por determinar. Leer Más…

OS CENTROS SOCIOCOMUNITARIOS DE VIGO CELEBRAN O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CUN ACTO CONMEMORATIVO NA DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA

  • O obxectivo é concienciar á opinión pública con actividades que levarán a cabo os usuarios e usuarias dos seis centros sociocomunitarios que a Xunta de Galicia ten na cidade olívica.
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, presentou esta mañá, xunto a directora do centro de Coia, Carmen Cochón, a iniciativa, que se realizará dende as 11.00 horas do xoves día 25 na Praza da Estrela.

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, presentou esta mañá, acompañada da directora do centro sociocomunitario de Coia, Carmen Cochón, e de Antonio Aldecoa e Carmen Feijóo, representantes dos membros dos consellos de usuarios e usuarias dos centros de Vigo, a iniciativa que con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, que se celebra o vindeiro xoves 25 de novembro, levarán a cabo os seis centros sociocomunitarios da cidade viguesa nos exteriores do edificio da Delegación Territorial. Trátase dun acto conmemorativo que impulsan os centros sociocomunitarios da Xunta de Galicia en Vigo (Coia, Pi y Margall, Bouzas, Calvario, Rivera Atienza e Teis) e no que participarán todos os usuarios e usuarias dos centros vigueses. As actividades comezarán cunha marcha, que sairá de dous puntos distintos –dos centros de Bouzas e Coia por unha banda, e do Calvario, por outra- para reunirse ás 11.00 horas da mañá na Praza da Estrela, onde se concentrarán para comezar coas actividades programadas. “Queremos que sexa un acto moi atractivo e visual para chamar a atención da xente”, explicou Carmen Cochón, que esperou contar coa maior presenza de público posible. Leer Más…

ROSA QUINTANA SOLICITA O APOIO DA SECRETARIA GENERAL DEL MAR PARA LOGRAR UN AUMENTO DO TAC DA PESCADA QUE DEA RESPOSTA ÁS NECESIDADES REAIS DO SECTOR

 

ROSA QUINTANA SOLICITA O APOIO DA SECRETARIA GENERAL DEL MAR PARA LOGRAR UN AUMENTO DO TAC DA PESCADA QUE DEA RESPOSTA ÁS NECESIDADES REAIS DO SECTOR

INFORME SOBRE O PROCESO DE RECLAMACIÓN CONTRA O CONCELLO DE VIGO EN RELACIÓN AOS COBROS EXCESIVOS POR PARTE DA CONCESIONARIA SERAGUA-AQUALIA

O presente documento, elaborado pola Comisión Permanente da FAVEC, ten por obxecto ofrecer a todas as asociacións integradas na Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “Eduardo Chao”, de cara a servir de base sobre a que asentar o debate que a Comisión Permanente quere impulsar a respecto da reactivación do histórico proceso de reclamación contra o Concello de Vigo polos cobros excesivos por parte da concesionaria municipal do abastecemento de auga, Seragua-Aqualia. É preciso, despois de enmarcar o contexto e finalidade deste documento, realizar algunhas precisións previas sobre a súa natureza:  Leer Más…