PORTOS DE GALICIA CELEBRA MAÑÁ EN SANTIAGO UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE BANDEIRAS AZUIS NAS INSTALACIÓNS NÁUTICO RECREATIVAS

O obxectivo para o ano 2011 é que a práctica totalidade das instalacións náutico recreativas, competencia de Portos, poidan optar a conquerir a Bandeira Azul

Ao igual que o pasado ano, Portos de Galicia organiza unha xornada informativa sobre “Bandeiras Azuis nas instalacións náutico recreativas de Galicia” co obxecto de informar acerca das condicións necesarias para obter o citado galardón. A xornada informativa celebrarase en Santiago no Salón de Actos do Instituto Galego da Vivenda e Solo. O obxectivo para o ano 2011 é que a práctica totalidade das instalacións náutico recreativas, competencia de Portos de Galicia, poidan optar a conquerir a “Bandeira Azul”.Con esta xornada informativa, Portos de Galicia comeza unha intensa colaboración cos xestores das instalacións náutico recreativas. Esta iniciativa de Portos de Galicia atópase encadrada dentro da acción “Apoiar aos portos deportivos na obtención do distintivo “Bandeira azul”, unha acción transnacional executada dentro do proxecto europeo NEA2, (aprobado pola iniciativa comunitaria INTERREG IV B Espacio Atlántico), e liderada por Galicia a través do ente público Portos de Galicia, na que tamén participan portos portugueses e franceses.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: