A DEPUTACIÓN DOTA CON 60.000 EUROS O PROGRAMA SEMANAS BRANCAS QUE POSIBILITARÁ QUE 1.200 NENOS VISITEN DURANTE UNHA SEMANA A ESTACIÓN DE VALGRANDE EN PAJARES EN ASTURIAS

O prazo de presentación das solicitudes dará comezo a partir da publicación das bases no BOP e rematará o 31 de xaneiro de 2011 A Deputación Provincial de Pontevedra aprobou hoxe as bases do programa “Semanas Brancas” para o ano 2011, unha actividade dirixida ós alumnos de primeiro e segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) dos centros públicos  e concertados da provincia e que consiste nunha estancia subvencionada de sete días na estación de Estación de Valgrande-Pajares en Asturias. A Deputación destina a esta iniciativa un orzamento de 60.000 euros a través dos cales cofinanciará a viaxe de 1.200 rapaces. A finalidade que se persegue con esta iniciativa consiste en achegar o esquí ós centros escolares da ESO, fomentando o traballo en equipo e a convivencia entre os mozos e mozas, a través dun deporte practicado no medio natural. O Programa inclúe os traslados dende os colexios ata a Estación de Valgrande-Pajares en Asturias e viceversa, en autocares con antigüidade máxima de tres anos, seguro de esquí e da viaxe, un cursiño de esquí dun total de 10 horas de duración (2 horas ó día) impartido por monitores da Escola Española Oficial de Esquí. Tamén inclúe o aluguer do material, forfait para os 5 días, monitores de tempo de lecer durante as 24 horas, aloxamento en habitacións con baño, pensión completa, visitas, e actividades para as horas que non se practiquen clases de esquí (contemplaranse unha serie de actividades no caso de que as condicións metereolóxicas impidan o desenvolvemento normal da actividade).

 Prezos e instancias

Segundo recollen as bases, o prezo máximo de licitación por praza ascenderá a 300 euros. A Deputación subvencionará con 50 euros por participante, sendo a cantidade restante, un máximo de 250 euros, a aboar pólo beneficiário/a. A  Deputación de Pontevedra dará preferencia ás solicitudes dos Centro Educativos en función da data e o número de rexistro de entrada. O prazo de presentación das mesmas dará comezo trala publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e rematará o 31 de xaneiro de 2011. A presentación de instancias farase nos Rexistros da Deputación de Pontevedra en horario de 8:30 a 14:30 e  de 17:00 a 19:00 h., ou na súa delegación de Vigo en horario de 9:00 a 13:00 h. de luns a venres.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: