BENESTAR COLABORARÁ CON IGUALDADE NA POSTA EN MARCHA DO CENTRO DE RECUPERACIÓN INTEGRAL PARA MULLERES MALTRATADAS

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a secretaria xeral de Igualdade, Marta González, asinaron hoxe un acordo para a súa creación

  • Este centro, que estará ubicado en Santiago de Compostela, proporcionará asistencia integral ás mulleres vítimas de violencia unha vez rematada a primeira fase da súa atención nos centros da rede galega de acollemento.

A Consellería de Traballo e Benestar colaborará coa Secretaría Xeral de Igualdade na creación e posta en funcionamento do Centro de Recuperación Integral para mulleres vítimas da violencia de xénero a través dun convenio que asinaron hoxe as súas titulares, Beatriz Mato e Marta González. O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Secretaría Xeral da Igualdade están rematando conxuntamente o deseño do modelo de intervención ao que se axustará o Centro de Recuperación Integral, as súas características e servizos a prestar, sempre desde un enfoque integrador e cunha perspectiva de xénero. A entidade dependente da Consellería de Traballo e Benestar xestionará as devanditas instalacións conforme á normativa sobre centros de servizos sociais e de acollida de mulleres vítimas da violencia de xénero. O Consorcio promoverá de inmediato a adxudicar o proxecto para, a continuación, proceder ao inicio das obras de reforma necesarias no edificio cedido a tal fin polo Concello de Santiago. Pola súa banda, o departamento que dirixe Marta González dará apoio e coordinación técnica para a súa posta en funcionamento. Así mesmo, a Secretaría Xeral farase cargo dos gastos derivados deste convenio. En concreto, as obras de reforma e adaptación do inmoble contan cun orzamento superior aos 550.000 euros. Na actualidade, o Consorcio xestiona o centro de emerxencia para mulleres vítimas de violencia de xénero no Concello de Vigo coa finalidade de prestar atención inmediata e urxente a este colectivo de xeito que se faga efectivo o seu dereito a recibir atención, apoio e recuperación integral. O programa operativo Feder Galicia 2007-2013 prevé no seu eixo 6 de infraestruturas sociais o incremento dos centros de acollida para mulleres vítimas de violencia doméstica, cunha mellora dos servizos prestados. O obxectivo e mudar o enfoque baseado na asistencia por un máis integrador. O Centro de Recuperación Integral é unha obriga contida na lei 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que desenvolverá un modelo de atención integral baseado nun sistema coordinado de servizos, recursos e medidas de carácter social, laboral e económico. Este centro, que estará ubicado en Santiago de Compostela, proporcionará asistencia integral ás mulleres vítimas de violencia unha vez rematada a primeira fase da súa atención nos centros da rede galega de acollemento.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: