PORTOS DE GALICIA INTENTARÁ QUE TODAS AS INSTALACIÓNS NÁUTICO RECREATIVAS DE GALICIA ACADEN A BANDEIRA AZUL O VINDEIRO ANO

Á xornada asistiron a práctica totalidade dos clubes náuticos, confrarías de pescadores e asociacións de carácter náutico recreativo e deportivo

  • O Ente público deu conta dos criterios cara a obtención da bandeira azul e as actividades de información e educación medioambiental e seguridade e socorrismo nas instalacións
  • Con esta xornada informativa Portos de Galicia comeza un ano mais unha intensa  colaboración cos xestores de instalacións náutico recreativas .
  • Portos intentará que todas as instalacións nautico recreativas de Galicia acaden a bandeira azul cara o vindeiro ano, segundo manifestou o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, na apertura da Xornada Informativa Bandeira Azul celebrada hoxe en Santiago. Ao acto tamén asistiron a Secretaria Xeral para o Turismo, Maria del Carmen Pardo e o vicepresidente de ADEAC, José Palacios. Portos de Galicia organizou hoxe unha xornada informativa sobre “Bandeiras Azuis nas instalacións náutico recreativas de Galicia” co obxecto de informar acerca das condicións necesarias para obter o citado galardón.  Á xornada asistiron a práctica totalidade dos clubs náuticos, confrarías de pescadores e asociacións de carácter náutico recreativo e deportivo. Nesta xornada foron desglosadas diversas ponencias por prestixiosos profesionais. Os criterios cara a obtención da bandeira azul para instalacións náutico recreativas e clubes náuticos  foron expostos pola secretaria xeral de ADEAC, Virginia Yuste e, de seguido, o biólogo, Francisco Garcia, disertou acerca da proposta de actividades de información e educación medioambiental. O vicepresidente de ADEAC falou sobre a proposta relativa á seguridade e socorrismo nas instalacións. Pechou a xornada, Alexandra Fernández, como representante do RCN de A Coruña, que informou da súa experiencia en portos galardoados coa Bandeira Azul.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: