Santi Domínguez salienta na inauguración da Baixada á Herba que o investimento no Casco Vello supera os 25 millóns de euros

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este mércores a reforma da Baixada á Herba, que contou cun investimento de 140.000 euros con cargo ao Plan Feil. No acto, o nacionalista destacou que na actual lexislatura o Casco Vello recibiu “o maior investimento directo por parte do Concello de Vigo que nunca se fixo”, con máis de 25 millóns de euros. O tenente de alcalde indicou que este forte investimento permitiu que nestes momentos xa estean reformadas todas as rúas principais do barrio, se renovaran os servizos públicos e en construción novas dotacións culturais.O tenente de alcalde afirmou que co seu compromiso persoal de recuperar o Casco Vello estase chegando a todos os recantos do barrio. Así sinalou que se remodelaron espazos centrais como a Porta do Sol, a rúa Real, Teófilo Llorente ou Abeleira Menéndez e só queda a reforma das travesías das rúas principais, que se acometerán o vindeiro ano. Pero indicou que agora xa se está actuando tamén en espazos como a Baixada á Herba “que non son habituais de paso para a cidadanía, pero que temos a obriga de mellorar”. Segundo explicou, esta rúa é un “espazo singular do Casco Vello”, aínda que maioritariamente descoñecido para os vigueses e as viguesas..O nacionalista indicou que as obras supuxeron a renovación de todos os servizos, “actuando tanto no que se ve como no que non se ve”. Ao respecto sinalou que ademais de renovar os colectores de saneamento de augas residuais, instaláronse novas redes para conseguir un sistema separativo de augas. Cambiáronse tamén os tramos deteriorados da rede de abastecemento e instalouse unha rede de subministro de gas.

Mais noticias http://xornal.vigo.org/

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: