ESMERARTE EN CULTURGAL. Pontevedra, do 26 ao 28 de novembro

ESMERARTE EN CULTURGAL

 Día: 26, 27 e 28 de novembro

Hora: de 11.00 a 21.00

Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra   Esmerarte Servicios Artísticos SL estará presente na Feira da Cultura de Galicia, Culturgal, que ten lugar en Pontevedra do 26 ó 28 de novembro. Teremos un stand informativo onde o público e profesionais que se acheguen poderá coñecer un pouco máis de cerca en que consiste o noso traballo e os servizos que ofrecemos. Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, é un evento único, de periodicidade anual, que congrega aos distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías… Articúlase como un espazo permeable, coas portas e ventás abertas para o diálogo directo entre a cultura e a sociedade, que conxuga o encontro profesional coa presentación, promoción e venda aberta ao público de produtos e servizos. Propón á vez un lugar de encontro dos axentes do sector, para favorecer e promover a colaboración e o apoio mutuo entre profesionais, e un lugar de exhibición cunha programación de actividades variadas dirixidas a públicos diversos. Constitúe emporiso a mellor radiografía dun sector industrial cohesionado, forte, dinámico e moderno e o mellor escaparate da oferta cultural do país nas súas diferentes versións, soportes e sectores. Culturgal é un esforzo colectivo para situar a identidade cultural galega na contemporaneidade.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: