Ilustracións da exposición Ex Libris Gallaeciae

INFORMACIÓN SOBRE AS ILUSTRACIÓNS:

1. Primeiro libro impreso que chegou a Galicia. Decretales Gregorii Papae IX, obra impresa en Maguncia en 1473 por Peter Schoeffer, compañeiro e continuador de Gutemberg. Móstrase unha das dúas follas que se conervan. (Arquivo Histórico Provincial de Ourense).

 
 
 
2. O pendón de Santiago nunha ilustración do Liber Sancti Iacobi, tamen coñecido como Codex Calixtinus. A obra é unha recopilación de varios libros, promovida polo arcebispo compostelán Diego Xelmírez, arredor de 1120. A peza que se mostra é un manuscrito do século XIV, unha das cinco únicas versións completas que se conservan (Biblioteca General Histórica de la Universidad de Salamanca).

 
3. Folla manuscrita por Castelao para o seu libro Sempre en Galiza. A obra, coñecida como “a biblia do galeguismo” foi editada no exilio en Bos Aires, en 1944 (Museo de Pontevedra).

 
 
 
 
4. A planta silvestre “Serratula seoanei Willk” foi nomeada así en honrra do naturalista galego Victor López Seoane, tal como figura nesta Flora Hispaniae…, publicada en Stuttgart en 1886-1892 (Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses).

5. Publicadas en 1936, as Estampas de Galicia son todo un alarde editorial da súa época, unha iniciativa do fotógrafo Ksado que percorre toda Galicia, retratando tipos e paisaxes que se imprimen en centos de cromos (Coleción particular).

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: