Caballero asegura que "existen bases moi sólidas para que a Área Metropolitana de Vigo vexa definitivamente luz verde"

 alcalde de Vigo amosou este venres a súa “vontade política absoluta” para consensuar coa Xunta de Galicia e cos concellos implicados o texto da futura Área Metropolitana de Vigo. Tras a presentación do proxecto autonómico, Caballero asegurou que “estamos na senda” para acadala xa que existen un “senfin de coincidencias” entre a súa proposta e a da Xunta de Galicia. O rexedor contactará co resto de municipios para intentar chegar a “acordos”. Abel Caballero confia en coincidir nun único texto a pesar de que a súa proposta contemplaba máis “competencias” en materia de “urbanismo, concellos en rede ou aproveitamentos enerxéticos”. No tocante aos órganos de goberno existe bastante coincidencia igualmente, coa retirada da futura área da delegada da Xunta de Galicia, así como no número de concellos (14 iniciais con posibilidade de ser ampliado).  “Outro avance moi importante”, apuntou o primeiro edil, radica en que o borrador autonómico -tal e como reclamaba Caballero- non suporá ningún novo imposto sobre a cidadanía do área, aínda que falta concordar o sistema de financiamento. Tal e como aseverou o socialista, a súa proposta transfería máis fondos da Xunta e da Diputación provincial que dos propios municipios, á inversa que a opción do alcalde olívico.

Mais noticias http://xornal.vigo.org/

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: