CABALLERO INAUGURA A HUMANIZACIÓN DE ALCALDE PORTANET NA QUE SE INVESTIRON 2,4 MILLÓNS DE EUROS

Alumnos do centro de baile Bruno Moro puxeron en escena dúas coreografías

  • Nas dúas primeiras fases desta rúa o Concello investiu 1,9 millóns euros que se veñen a sumar a esta última actuación que vai do número 2 ao 22.
  • A humanización incluíu unha remodelación integral co tratamento de beirarrúas e calzada ou a renovación de saneamento e abastecemento.

  O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou na tarde deste venres a humanización da rúa Alcalde Portanet na que o goberno local investiu 2,4 millóns de euros. Trátase dunha remodelación integral desta emblemática rúa que comezou no ano 2009 e que conclúe agora cunha humanización que abrangue a 5.200 metros cadrados de superficie total e 750 m2 de calzada e na que se instalaron preto de 100 xardineiras, 35 árbores, 6 novos puntos de luz e 3 papeleiras. Tanto o tratamento das beirarrúas coma a do bordo e adoquín leváronse a cabo con materiais de primeiras calidades de granito branco mera. Pero ademais seguindo a filosofía das humanizacións desenvolvidas na cidade se actuou en 104 metros de colectores de saneamento e outros 225 metros de colectores de pluviais. O alcalde foi recibido á súa chegada polos veciños da zona e unha vintena de alumnos do centro de baile e deporte Bruno Moro que puxeron en escena dúas coreografías -funky e hip hop melódico- . A escola abriu as súas portas hai agora 5 anos nesta avenida e baixo o lema “Pasión por el baile” ten formado a numerosos alumnos de todas as idades en estilos tan diversos coma bailes de salón, lírico, moderno, entre outras.

 Humanizacións

Só na zona de Balaídos o goberno local ten investido preto de 13 millóns de euros con actuacións en rúas coma Eugenio Kraft, Val Miñor, Balaídos ou as Avenidas da Florida e Castrelos. As novas rúas humanizadas de xeito integral darán servizo a un censo aproximado de 30.000 veciños que viven neste barrio. Precisamente nas primeiras fases de humanización da Avenida do Alcalde Portanet o Concello xa investiu 1,9 millóns de euros que se veñen a sumar a esta última actuación, que abrangue dos números 2 ao 22.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: