COMUNICADO DE FOANPAS SOBRE A FOLGA DA LIMPEZA NOS COLEXIOS PÚBLICOS DE VIGO

Dende FOANPAS queremos manifestar que ante a situación que se está a producir nos colexios públicos de Vigo coa folga da limpeza, sobre todo nas instalacións dos comedores escolares: dende sellado das pechaduras, solta de desperdicios no chan dos comedores, iogures que se conservan nas neveiras, froita… ata bolsas de restos sanitarios (pañais con excrementos, xeringas, apósitos…) dun centro de saúde próximo a un centro escolar.

 ESIXIMOS:

Ó colectivo de limpadores, que cesen nestes feitos, xa que os nenos non poden ser moeda de cambio. No horario de tarde de 16 a 18 horas os nenos están desenvolvendo as actividades extraescolares coa conseguinte utilización dos espazos (aulas, instalacións deportivas, pasillos, aseos…) e non é congruente que estén limpando mentras os nenos estén exercendo o seu dereito ás actividades extraescolares. A xornada única é elexida democráticamente polo censo de nais e pais, sobre 10.000 familias. É condición necesaria e imprescindible para esta modalidade de xornada a realización de actividades extraescolares no horario de tarde, baseada na lexislación educativa vixente, según orde do 13 de abril de 1993. Estase  a vulnerar os dereitos dos nenos, estase a dar unha mensaxe de que para acadar obxectivos hai que pisotear os dereitos dos demáis: eso non é educativo, e educadores somos todos: nais, pais, mestres, coidadores, limpadoras, todos os cidadáns. Os intereses xerais de 10.000 familias non se poden pisotear por obxectivos de 150 persoas. Os nenos de 3, 4 e 5 anos, usuarios dos comedores escolares representan sobre un 50% dos comensais. O espazo onde se ofrece o servizo diario das comidas ten que estar nas condicións hixiénicas necesarias para tal fin. Saen de clase as 14 horas e encóntranse con estas desfeitas. Sexamos responsables, todas somos nais. Queremos deixar constancia do noso respeto ós dereitos dos traballadores pero polos cauces da coherencia, do respeto e dos intereses xerais.                    

                                       Vigo, 25 de novembro de 2010

FOANPAS

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: