O Tenente de Alcalde amosa o seu profundo pesar polo paramento de Francisco Fernándes del Riego.

Na inauguración da exposición “Quiñones de León: unha pinacoteca para a cidade”, anunciou que a futura pinacoteca levará o seu nome. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, amosou o seu profundo pesar polo pasamento do intelectural galeguista Francisco Fernández del Riego. “Hoxe é un día de tristura para a cultura galega. Perdemos a un referente da nosa cultura, a un home que mantivo sempre unha militancia activa a prol da nosa lingua. Sen dúbida era unha das personalidades que máis ten aportado á cultura galega, ao longo da súa longa traxectoria vital. É unha figura irrepetible e irremprazable”. Santi Domínguez coñecía a noticia do pasamento momentos antes de inaugurar a exposición “Quiñones de León: unha pinacoteca para Galicia” na Casa das Artes. Por ese motivo o acto quedou reducido exclusivamente a unhas breves palabras do tenente de alcalde en referencia a Francisco Fernández del Riego. O tenente de alcalde anunciou que, o feito de que o seu pasamento coincida coa apertura da exposición que é a antesala da futura pinacoteca da cidade, “significa haber mellor homenaxe que darlle o seu nome ao que vai ser un dos principais referentes da cultura nesta cidade e que casualmente vai a estar a moi poucos metros do espazo que foi o seu lugar de traballo ata os seus últimos días”.O Concello de Vigo, a través da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura, está xa en contacto coa familia de Francisco Fernández del Riego e  co director da editorial Galaxia, Víctor Freixanes. Santi Domínguez manifestou que “a nosa idea é que a cidade de Vigo, que tanto lle debe a este home, o despida e lle rinda a homenaxe que el ben merece”. Sen embargo, precisou que será a familia a que ten que decidir o que desexa facer. Aínda que naceu en Vilanova de Lourenzá, na provincia de Lugo, Fernández del Reigo pasou a maior parte da súa vida en Vigo. Foi á nosa cidade á que donou, no ano 1995, os seus fondos bibliográficos, documentais e artísticos, que se poden contemplar na Fundación Penzol, da que era presidente.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: