Javier Guerra traslada aos concellos das Pontes e Cerceda e aos transportistas o respaldo absoluto da Xunta en contra do Real Decreto do Carbón.
O conselleiro de Economía e Industria apuntou que o Goberno central segue ignorando as graves consecuencias que este real decreto ten sobre o tecido socioeconómico de Galicia, e lembrou que xa foron dúas as decisións xudiciais que paralizaron cautelarmente o desenvolvemento desta regulamentación
- “Dentro dun marco de máximo respecto polas decisións xudiciais, as ordes de paralización cautelar da aplicación do decreto reforzan a posición do Goberno galego, que sempre mantivo dende o primeiro momento que esta regulamentación era prexudicial para Galicia, para as comarcas de Cerceda e As Pontes e as súas centrais térmicas, para o emprego e para os ciclos combinados”, apuntou o Javier Guerra
- O conselleiro de Economía e Industria insistiu en que os recursos da Xunta de Galicia contra a aplicación deste real decreto seguen o seu curso ante o Tribunal Supremo e o Tribunal de Luxemburgo
- Javier Guerra ciriticou o veto do Goberno Central á presenza da Xunta na Mesa de Seguimento dos efectos do real decreto do carbón