A XUNTA ORGANIZA UNHA HOMENAXE Á FIGURA DE FERNÁNDEZ DEL RIEGO NA QUE PARTICIPARÁN A REAL ACADEMIA GALEGA, O CONSELLO DA CULTURA, A FUNDACIÓN PENZOL E A EDITORIAL GALAXIA
O Goberno galego celebrará o vindeiro 1 de decembro un acto de recoñecemento da sociedade galega á memoria do intelectual galeguista. Leer más…
ANT busca colaboradores gratis cando mantén importante débedas cos traballadores que acaba de botar
TAMPOUCO PAGOU AOS COLABORADORES DO DIXITAL E DO DEFUNTO SEMANARIO
ANT busca colaboradores gratis cando mantén importante débedas cos traballadores que acaba de botar A Nosa Terra logrou sacar adiante un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) este mes malia as protestas dos traballadores. Só catro dos 28 empregados de Promocións Culturais Galegas conservan o seu posto de traballo. Menos dunha semana despois de botar máis de 20 persoas, o diario do Grupo San José publicou un anuncio na rede social Facebook no que pide colaboradores que lle enchan gratis o seu diario electrónico anosaterra.org. «Gustaríache colaborar con nós? Fainos a túa proposta en antdiario@anosaterra.com. Deportes, información local, cultura… Atréveste a escribir en galego?» demanda na citada o coordinador do diario dixital. Leer más…
A XUNTA REMÍTELLE O PROXECTO DE DECRETO DE CREACIÓN DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO AOS DISTINTOS AXENTES DA COMARCA
A Dirección Xeral de Administración Local vén de enviar o proxecto de decreto de constitución da área metropolitana de Vigo aos 14 concellos implicados, á Deputación de Pontevedra, á Administración Xeral do Estado -a través da delegación do Goberno en Galicia-, á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a diversos colectivos veciñais e económicos. O proxecto da Xunta aposta polo consenso e recolle as achegas realizadas nos últimos anos, tendo como base as declaracións de Nigrán e Soutomaior e o anteproxecto que non se chegou a aprobar en 2005, aínda que o texto tamén foi enriquecido coas aportacións feitas pola Universidade de Vigo e a información aportada nos últimos meses polos concellos. O seu ámbito territorial é de 14 concellos (Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Soutomaior e Vigo), podendo ampliarse no futuro. A sede metropolitana será Vigo e o peso político dos municipios recae na Asemblea Metropolitana, mentres que a Xunta de Goberno, integrada polos alcaldes, é a que se encarga da xestión ordinaria. O núcleo de competencias básicas distribúese en catro grandes grupos: transporte colectivo; xestión ambiental; planificación territorial e desenvolvemento de infraestruturas; e promoción turística. Amplíase o ámbito competencial definido en 2005 en materias como o urbanismo e inclúense novas atribucións, como servizos sociais ou medio ambiente. O texto establece que a delegación de competencias dos concellos na área metropolitana poderá ser progresiva, facilitando a súa integración e fixando un prazo máximo de dous anos para decidir a delegación, transferencia ou encomenda á área metropolitana das competencias establecidas na lei.