A XUNTA REMÍTELLE O PROXECTO DE DECRETO DE CREACIÓN DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO AOS DISTINTOS AXENTES DA COMARCA

A Dirección Xeral de Administración  Local vén de enviar o proxecto de decreto de constitución da área metropolitana de Vigo aos 14 concellos implicados, á Deputación de Pontevedra, á Administración Xeral do Estado -a través da delegación do Goberno en Galicia-, á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a diversos colectivos veciñais e económicos. O proxecto da Xunta aposta polo consenso e recolle as achegas realizadas nos últimos anos, tendo como base as declaracións de Nigrán e Soutomaior e o anteproxecto que non se chegou a aprobar en 2005, aínda que o texto tamén foi enriquecido coas aportacións feitas pola Universidade de Vigo e a información aportada nos últimos meses polos concellos. O seu ámbito territorial é de 14 concellos (Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Soutomaior e Vigo), podendo ampliarse no futuro. A sede metropolitana será Vigo e o peso político dos municipios recae na Asemblea Metropolitana, mentres que a Xunta de Goberno, integrada polos alcaldes, é a que se encarga da xestión ordinaria. O núcleo de competencias básicas distribúese en catro grandes grupos: transporte colectivo; xestión ambiental; planificación territorial e desenvolvemento de infraestruturas; e promoción turística. Amplíase o ámbito competencial definido en 2005 en materias como o urbanismo e inclúense novas atribucións, como servizos sociais ou medio ambiente. O texto establece que a delegación de competencias dos concellos na área metropolitana poderá ser progresiva, facilitando a súa integración e fixando un prazo máximo de dous anos para decidir a delegación, transferencia ou encomenda á área metropolitana das competencias establecidas na lei.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: