ANT busca colaboradores gratis cando mantén importante débedas cos traballadores que acaba de botar

TAMPOUCO PAGOU AOS COLABORADORES DO DIXITAL E DO DEFUNTO SEMANARIO

ANT busca colaboradores gratis cando mantén importante débedas cos traballadores que acaba de botar  A Nosa Terra logrou sacar adiante un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) este mes malia as protestas dos traballadores. Só catro dos 28 empregados de Promocións Culturais Galegas conservan o seu posto de traballo.  Menos dunha semana despois de botar máis de 20 persoas, o diario do Grupo San José publicou un anuncio na rede social Facebook no que pide colaboradores que lle enchan gratis o seu diario electrónico anosaterra.org“Gustaríache colaborar con nós? Fainos a túa proposta en antdiario@anosaterra.com. Deportes, información local, cultura… Atréveste a escribir en galego?” demanda na citada o coordinador do diario dixital.

 Colaboradores con débedas

 O Sindicato de Xornalistas de Galicia cualifica de impresentable a demanda de colaboradores de A Nosa Terra. As persoas interesadas deben saber que ANT mantén importantes débedas cos seus colaboradores tanto da defunta edición impresa como da edición dixital. ANT, nun tempo referente do xornalismo de esquerdas en Galicia, non pode explotar novos colaboradores cando segue sen pagar nin varios meses de salarios nin as indemnizacións que a Xustiza lles concedeu aos despedidos. Os redactores de anosaterra.org e o resto de traballadores de ANT mobilizáronse durante semanas para demandar un plan de viabilidade a construtora San José. As mobilizacións foron coordenadas polo delegado sindical da CIG e contaron co apoio do SXG nun exemplo de unidade sindical. Alfonso Eiré, presidente da compañía, mantívose firme nos despedimentos e negouse a pagar un peso polas indemnizacións, pois o mínimo de 21 días por ano traballado abonaraas o FOGASA, que se nutre das cotizacións de todos os traballadores.  Unicamente tras os peche dos traballadores na sede de San José en Pontevedra e na de Xornal de Galicia (tamén propiedade do constructor Jacinto Rey) na Coruña, o propio Grupo San José accedeu a aumentar considerablemente as indemnizacións aos despedidos.

 Alfonso Eiré

Quedou así probado que San José era o dono de ANT, algo que Alfonso Eiré negou repetidamente nos medios de comunicación ,para evitar que a construtora tivese que pagar as débedas cos traballadores. Eiré tamén prometeu, nunha entrevista en Galicia Hoxe, que sería “o primeiro” en ir ao paro no caso dun ERE. Na actualidade é unha das catro persoas que segue no cadro de persoal. O SXG non entra no dereito do Grupo San José de reflotar ou deixar esmorecer a histórica cabeceira unicamente en internet.  Porén, non permitirá que calquera novo proxecto se constrúa sen abonar todas as débedas con todos os traballadores e colaboradores do extinto semanario. Para tal fin, exercerá as medidas legais que estime oportunas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: