Archive | noviembre 29, 2010

Fotógrafos profesionales denuncian competencia desleal de centros psicotécnicos

Los expedidores de los reconocimientos médicos no aceptan las fotos en papel de los estudios fotográficos  La Asociación de Fotógrafos Profesionales de Pontevedra (AFPP) denuncia lo que considera una intromisión ilegítima en su trabajo por parte de los Centros de Reconocimiento Médico de Conductores en el proceso de renovación del carné de conducir, secundando iniciativas adoptadas por otras asociaciones provinciales y por la Federación Española de Profesionales de la Fotografía y la Imagen (FEPFI), en la que está integrada. Isabel Ruibal Santos, presidenta de la Asociación de Fotógrafos Profesionales de Pontevedra, explicó que, de acuerdo a la nueva normativa, los psicotécnicos, avalados por la DGT, no admiten las fotografías en papel que llevan los conductores, sino que les sugieren hacer uso del sistema de captación de imagen mediante cámara digital (web cam), por supuesto, con un cargo adicional. Leer Más…

A XUNTA DE GALICIA CONTINUOU HOXE COA ENTREGA DAS CHAVES DE 143 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA DE SAN PAIO DE NAVIA

  • As primeiras 90 vivendas entregáronse o pasado venres día 26, rematando mañá día 30 coa entrega das últimas 110 vivendas e asinándose no mesmo día os respectivos contratos e escrituras.
  • Quedan outras 41 vivendas, destinadas a realoxos e á cesión ao Concello de Vigo.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, continuou esta tarde na Delegación Territorial da Xunta en Vigo coa entrega das chaves das vivendas de promoción pública de San Paio de Navia aos seus adxudicatarios, unha vez que durante todo o día de hoxe se asinaron as escrituras de compravenda e os contratos de alugueiro correspondentes. Nesta ocasión, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, levou a cabo a entrega das chaves de 143 vivendas, correspondentes aos portais 1 e 2 do número 15 da Rúa As Teixugueiras, e aos portais 1 e 2 do número 17 da mesma rúa. Leer Más…

Os presidentes de Caixa Galicia e Caixanova formalizan a escritura da nova entidade

 250 LÍDERES POLÍTICOS, ECONÓMICOS E SINDICAIS APOIAN A NOVA CAIXA

   O proceso xurídico completarase o mércores coa inscrición no rexistro

 Julio F. Gayoso: “Hoxe nace unha caixa enraizada na esencia galega”

    Mauro Varela “Temos un plan ambicioso, vertebrador, pegado à terra ”. Os presidentes de Caixanova e Caixa Galicia asinaron esta  mañá a escritura de fusión de ambas as entidades para constituír a Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra, nun acto realizado na capital de Galicia, que contou coa presidencia de Alberto Nuñez Feijóo, presidente da Xunta, membros dos órganos de goberno e do comité de dirección das caixas e representantes dos sectores políticos, económicos, sociais e sindicais de Galicia. Leer Más…

PORTOS DE GALICIA INSTALA UN GUINDASTRE DE 5 TONELADAS NAS INSTALACIÓNS PORTUARIAS DE AGUETE

Esta actuación presupostada con cargo aos fondos do Plan de Investimentos en obras Menores (PIM) e suporá un investimento duns 50.000 euros

  • Cúmprese así unha antiga petición dos usuarios do porto que disporán dun moderno elemento de izada para as embarcacións
  • O ente público está a executar obras de infraestrutura e inversións menores nos portos da provincia de Pontevedra de acordo coas necesidades dos seus distintos usuarios Leer Más…

ROSA QUINTANA CONSIDERA CLAVE A APORTACIÓN DO SECTOR NA PROCURA DUNHA POLÍTICA PESQUEIRA COMÚN VIABLE E SOSTIBLE

  • A titular de Mar espuxo os puntos clave da proposta de Galicia para a reforma da PPC na procura da sostibilidade ambiental, económica e social
  • A conselleira incidiu, entre outros puntos, na aposta por facer o emprego no mar atractivo para a mocidade e en conseguir un mercado único para os produtos do mar

Rosa Quintana considera clave a achega do sector na aposta por unha Política Pesqueira Común acorde á sostibilidade e á viabilidade. Así o especificou en Bruxelas durante a súa intervención na apertura da mesa redonda “A reforma da Política Pesqueira Común: un debate europeo dende Galicia”, organizada pola Fundación Galicia Europa. A titular de Mar espuxo os puntos clave da proposta de Galicia para a reforma da PPC na procura da sostibilidade ambiental, económica e social e fixo fincapé na participación do sector como indispensable na súa configuración. Rosa Quintana incidiu, entre outros puntos, na aposta por facer o emprego no mar atractivo para a mocidade e en conseguir un mercado único e aberto para os produtos do mar, con normas de competencia xustas e iguais. Ademais salientou a necesidade de recoñecer o importante papel social, de fixación de emprego, poboación e puxanza económica que representan a pesca artesanal e o marisqueo. Leer Más…

JAVIER GUERRA SALIENTA QUE “CREAR UN MARCO DE CONFIANZA PARA O DESENVOLVEMENTO DO COMERCIO É CLAVE DE CARA Á REACTIVACIÓN DA ECONOMÍA GALEGA”

  • Guerra inaugurou hoxe o foro “O Comercio Galego no Século XXI”, no que adiantou que a nova Lei do Comercio será aprobada no 2010
  • O Goberno galego traballa nesta dirección a través do Plan Ágora e a nova Lei de Comercio
  • “Nos 9 primeiros meses de 2010, o Ágora permitiu investir en apoios ao pequeno e mediano comercio preto de 23,66 millóns de euros, xa sexa mediante convenios ou a través de diversas liñas”, sinalou Guerra
  • O Igape actúa, coordinadamente coa Dirección Xeral de Comercio, como soporte dos apoios financeiros prestados a esta actividade, o que permitiu destinar 10,5 millóns de euros ao sector comercial, no que vai de ano Leer Más…

Retro auto Galicia

Eventos del motor

A FUNDACIÓN ILLA DE SAN SIMÓN DESEÑA CON INSTITUCIÓNS DE GALICIA, FRANCIA E BÉLXICA O MARCO DE COLABORACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS NOS PRÓXIMOS TRES ANOS

  •  
  • Nunha recente reunión mantida nas instalacións do Parc Naturel Régional des Landes de Garogne, preto de Burdeos (Francia), avanzouse na concreción das accións e sinerxías posibles entre máis de dez institucións dos tres países. Leer Más…

JAVIER GUERRA SALIENTA QUE “CREAR UN MARCO DE CONFIANZA PARA O DESENVOLVEMENTO DO COMERCIO É CLAVE DE CARA Á REACTIVACIÓN DA ECONOMÍA GALEGA”

  • Guerra inaugurou hoxe o foro “O Comercio Galego no Século XXI”, no que adiantou que a nova Lei do Comercio será aprobada no 2010
  • O Goberno galego traballa nesta dirección a través do Plan Ágora e a nova Lei de Comercio
  • “Nos 9 primeiros meses de 2010, o Ágora permitiu investir en apoios ao pequeno e mediano comercio preto de 23,66 millóns de euros, xa sexa mediante convenios ou a través de diversas liñas”, sinalou Guerra
  • O Igape actúa, coordinadamente coa Dirección Xeral de Comercio, como soporte dos apoios financeiros prestados a esta actividade, o que permitiu destinar 10,5 millóns de euros ao sector comercial, no que vai de ano Leer Más…

O goberno local baixará en 2011 as taxas de asistencia domiciliaria e non aplicará o IPC ás de gardería e centros para maiores

O Pleno da Corporación ratificou este luns definitivamente as ordenanzas fiscais para 2011. Os impostos conxelaranse tras a aplicación do IPC (un 1,5%), non se actualizarán as taxas de escolas infantís e centros de maiores, e reducirase a de asistencia domiciliaria nun 1,31%. A concelleira de Facenda, Raquel Díaz, subliñou que a carga fiscal da cidadanía diminuirá o vindeiro ano, pese a ser hoxe en día o gran concello galego con menor carga fiscal. Segundo explicou a concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, a cidadanía viguesa verá reducida a presión fiscal con respecto ao presente ano ao aplicarse o IPC nas taxas excepto nas das escolas infantís e dos centros para maiores e tras a rebaixa nun 1,31% das de asistencia domiciliaria Raquel Díaz salientou asemade que as ordenanzas inclúen as bonificacións fiscais introducidas en anos anteriores para os máis desfavorecidos, como descontos no IBI, para vehículos pouco contamiñantes… En total, sobre 10.000 familias estanse a beneficiar das medidas fiscais do goberno local nos últimos tres anos.  A edil de Economía e Facenda subliñou que estas ordenanzas suporán unha menor carga fiscal, un menor nivel de endebedamento para o Concello e un maior investimento e atención social aos vigueses e viguesas.  A voceira do BNG, Iolanda Veloso, destacou as medidas “de esquerdas” adoptadas polo goberno local e reflectidas nas contas municipais, un executivo “que goberna para todo o mundo” e se centra nos que “precisan maior apoio” pola crise económica que estamos a atravesar.

Mais noticias http://xornal.vigo.org/