A Federación Veciñal solicítalle á Xunta de Galicia que lle remita a súa proposta de Área Metropolitana

  • Fronte ao conflito na limpeza dos colexios a FAVEC demanda a activa implicación e sensibilidade do Concello.A FAVEC solicitará de inmediato unha reunión urxente coa Delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, para que se informe ao colectivo veciñal da proposta formulada polo Goberno Galego de Área Metropolitana para Vigo. Así mesmo, solicitan que se lle remita toda a documentación relacionada coa devandita proposta. A Federación Veciñal é unha das organizacións sociais que en maior medida se implicou na defensa da área metropolitana para a nosa cidade, impulsando mesmo unha Iniciativa Lexislativa Popular que foi presentada ao Parlamento Galego, e por iso entenden que a súa voz debe ser atendida. “Nun tema da relevancia da Área Metropolitana a veciñanza ten moito que dicir, e por iso reclamamos que se informe e se escoite ao movemento veciñal de Vigo” sosteñen.

 TRANSPORTE METROPOLITANO.

Así mesmo reiteran que a posición do movemento veciñal é a de defender un área metropolitana útil, con competencias e capacidade de obrar, que non supoña duplicidades administrativas. Nese senso, sinalan máis unha vez que o primeiro eido de actuación do ente supramunicipal debe ser o transporte público metropolitano, cada vez máis necesario e demandado socialmente.

POLA SOLUCIÓN DO CONFLITO DA LIMPEZA DOS COLEXIOS PÚBLICOS

Perante a décimo terceira xornada de folga indefinida dos servizos de limpeza dos colexios públicos da cidade, a FAVEC valora como lexítimas, xustas e razoábeis as demandas e reivindicacións do colectivo de traballadoras en folga. Tratándose dun colectivo tremendamente feminizado e que padece unhas condicións laborais moi precarias, desde a FAVEC consideran de xustiza que se tomen as medidas necesarias que fagan posíbel a futura xubilación en condicións dignas. Polo seu impacto no propio funcionamento dos colexios, a Federación Veciñal entende que se debe procurar coa maior dilixencia unha solución para o conflito, para o que demanda a activa implicación e sensibilidade do Concello de Vigo, para que xunto a empresa concesionaria, atendan as reivindicacións das traballadoras.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: