A FUNDACIÓN ILLA DE SAN SIMÓN DESEÑA CON INSTITUCIÓNS DE GALICIA, FRANCIA E BÉLXICA O MARCO DE COLABORACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS NOS PRÓXIMOS TRES ANOS

  •  
  • Nunha recente reunión mantida nas instalacións do Parc Naturel Régional des Landes de Garogne, preto de Burdeos (Francia), avanzouse na concreción das accións e sinerxías posibles entre máis de dez institucións dos tres países.

A Fundación Illa de San Simón colaborará durante os próximos tres anos na organización de actividades culturais con institucións de Galicia Francia e Bélxica. Con este obxectivo, as instalacións do Parc Naturel Régional des Landes de Garogne, preto da localidade francesa de Burdeos, vén de acoller unha reunión entre representantes de máis de dez institucións dos tres países que serviu para traballar na concreción das accións e sinerxías posibles e para avanzar no desenvolvemento dos primeiros proxectos en conxunto ou en parcerías bilaterais, así como na incorporación de novos socios. Entre as institucións que participaron neste encontro destacan ademáis da Fundación Illa de San Simón o Conservatorio de Música de Betanzos como representación galega, o Centre Culturel Espace Magh de Bruxelas (Bélxica) e as institucións francesas: Universidade de Poitiers, Conseil Général des Landes, Conseil Général de la Gironde, Conseil Général de Lot-et-Garonne, Ecomusée de Marquèze de Landes de Gascogne, Office Artistique de la Région Aquitaine e o conservatorio das Landas. A xuntanza tamén contou cun representante do Ministerio de Cultura da República Francesa. O encontro serviu para avanzar no deseño dun plan de accións en colaboración no que estarán implicadas as institucións presentes. Para a Fundación Illa de San Simón, a posibilidade de colaboración con institucións desta relevancia permite continuar no seu traballo pola internacionalización e desenrolo do proxecto Illa do Pensamento. Nesta liña de actuación, preténdese configurar a Illa de San Simón como un lugar de encontro e intersección de culturas, ideas e pensamento. Entre estes obxectivos, está o de acadar unha dimensión internacional das actividades culturais da Illa de San Simón, así como a colaboración coas administracións públicas e privadas. A meta do proxecto cultural reside en converter á Illa de San Simón nun espazo recoñecido pola calidade da súa programación, polo compromiso coa cultura, polo servizo á industria do sector e por unha xestión eficiente que colabore con institucións e entidades en iniciativas orientadas ao desenvolvemento cultural e a preservación do patrimonio histórico e natural.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: