A XUNTA INCREMENTARÁ NUN 3 POR CENTO O ORZAMENTO DA RISGA E DO COMPLEMENTO AUTONÓMICO DAS PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS PARA 2011

  • O Goberno autonómico dá así resposta a unha demanda realizado no seo do diálogo social
  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe unha xuntanza cos secretarios xerais de CCOO e UGT-Galicia e co presidente da CEG para informalos das modificacións nos orzamentos
  • En total, o importe total deste mellora ascende a preto dun millón de euros
  • A titular do departamento autonómico sinalou que, deste xeito, reflíctese o compromiso do Goberno galego cos colectivos máis vulnerables
  • Representantes da Consellería manterán o mércores unha xuntanza coas entidades xestoras de albergues e comedores sociais das sete grandes cidades

 A Xunta de Galicia incrementará nun 3% o orzamento correspondente á Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) para 2011, así como un aumento da mesma porcentaxe para o complemento autonómico das Pensións Non Contributivas (PNCS). Así o adiantou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, tras manter unha xuntanza cos secretarios xerais de CCOO e UGT-Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez, respectivamente, e co presidente da CEG, Antonio Fontenla, para informarlles desta modificación orzamentaria. Neste sentido, a titular de Traballo subliñou que este cambio vén a dar resposta a unha petición realizada no seo do diálogo social.  En declaracións aos medios de comunicación, a titular do departamento autonómico precisou que o importe total desta mellora  ascende a preto dun millóns de euros, que irán destinados ás persoas “máis desfavorecidas”. Esta contía súmase á xa recollida nas contas para o RISGA en 2011 (22,7 millóns) e para o complemento das Pensións non contributivas (ao redor de 10 millóns). “Estamos ante o cumprimento da nosa promesa de non facer recaer o peso da crise sobre os máis vulnerables”, salientou. Neste sentido, apuntou que as contas para 2011 garanten a atención de todo aquel que cumpra os requisitos contemplados no acceso á esta renda de inclusión. É preciso recordar que este aumento realízase en función das previsións de atención para o próximo ano. Con todo, hai que lembrar que sempre se garante a ampliación do orzamento durante o ano no caso de ser preciso, como se fixo en anos anteriores. No que se refire propiamente ao complemento das pensións non contributivas –unha paga adicional de máis de 200 euros que perciben uns 48.000 pensionistas en Galicia-, Mato salientou que a Xunta incrementa estas axudas “por segundo ano consecutivo” –o ano pasado subiron outro tres por cento-, mentres que o Goberno central “conxela as pensións”.

 Diálogo social

“O interese na mellora das condicións de vida dos máis desfavorecidos é compartido polos axentes sociais de Galicia”, destacou a conselleira tras a xuntanza cos representantes de CCOO, UGT-Galicia e a CEG Ao respecto, destacou que o Diálogo Social ten aprobado unha reformulación da RISGA, asociada a unha nova Lei galega de Inclusión social, que permitirá “un mellor aproveitamento desta prestación, así como un control exhaustivo do cumprimento dos mecanismos para a inserción social dos beneficiarios”, explicou. Esta nova RISGA verase reflectida nos orzamentos de 2012, posto que a nova Lei de Inclusión Social será aprobada, previsiblemente, ao longo do próximo exercicio. De feito, é preciso sinalar que estas melloras responden ás demandas das entidades que traballan no eido da inclusión social, coas que o Goberno galego mantén unha “estreita colaboración”. Neste senso, Mato avanzou que o próximo mércores responsables da Consellería de Traballo e Benestar manterán unha reunión coas entidades xestoras dos albergues e comedores sociais das sete grandes cidades, encontros que se manterán ao longo do ano periodicamente “para facer un seguimento das necesidades que poidan xurdir, así como para avaliar posibles mecanismos de choque que sexan precisos”.

 Datos actualizados da RISGA

Con respecto aos datos da RISGA, a 30 de setembro, rexistráronse 4.789 persoas beneficiarias desta prestación en Galicia. O acumulado ao longo do ano –isto é, beneficiarios que entraron, pero tamén saíron do sistema- foi un total de 6.376. No que se refire ás solicitudes rexistráronse, presentáronse ata o 30 de setembro un total de 2.900. Neste senso, hai que lembrar que desde a Consellería de Traballo e Benestar realízase un seguimento trimestral da evolución das axudas, así como dos perfiles co fin de poder realizar modificacións ao longo do ano, de ser preciso.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: