JAVIER GUERRA SALIENTA QUE “CREAR UN MARCO DE CONFIANZA PARA O DESENVOLVEMENTO DO COMERCIO É CLAVE DE CARA Á REACTIVACIÓN DA ECONOMÍA GALEGA”

  • Guerra inaugurou hoxe o foro “O Comercio Galego no Século XXI”, no que adiantou que a nova Lei do Comercio será aprobada no 2010
  • O Goberno galego traballa nesta dirección a través do Plan Ágora e a nova Lei de Comercio
  • “Nos 9 primeiros meses de 2010, o Ágora permitiu investir en apoios ao pequeno e mediano comercio preto de 23,66 millóns de euros, xa sexa mediante convenios ou a través de diversas liñas”, sinalou Guerra
  • O Igape actúa, coordinadamente coa Dirección Xeral de Comercio, como soporte dos apoios financeiros prestados a esta actividade, o que permitiu destinar 10,5 millóns de euros ao sector comercial, no que vai de ano

O conselleiro de economía e Industria, Javier Guerra, sinalou hoxe que “crear un marco de confianza para o desenvolvemento do comercio é unha das claves de cara a reactivación da economía galega”, na inauguración do foro “O comercio galego no século XXI”. “O pequeno e mediano comercio é clave para entender a dinamización da economía, por iso a Xunta mantén unha aposta firme a prol da súa dinamización”, asegurou o conselleiro. Guerra fixo fincapé na importancia da “confianza do consumidor” de cara a impulsar a actividade económica. “Temos que ter en conta que este indicador está estreitamente relacionado co aumento do consumo e, polo tanto, da demanda interna, capaz de alentar o crecemento económico”, sinalou. Guerra asegurou así que a dinamización das transaccións comerciais dependerá, en gran medida, do “clima de confianza que se consiga xerar”. A Consellería de Economía e Industria traballa neste senso, a través dun programa integral de reactivación comercial: o Plan Ágora-Agora re-Comercia, e mais dun marco legal “moderno e eficaz”: a nova Lei de Comercio, que será aprobada a finais do exercicio. Sobre esta normativa, o conselleiro lembrou que se trata dun “texto de consenso”, que chega 22 anos despois da aprobación da anterior lexislación e que pretende “impulsar a modernización desta actividade e protexer o desenvolvemento do pequeno e mediano comercio en Galicia, corrixindo desequilibrios”. Un dos elementos máis relevantes de cara ao cumprimento deste obxectivo é o Observatorio de Comercio, que se constituirá coma “un órgano asesor, consultivo e de estudo e formación”.No tocante ao Plan Ágora, o responsable de Economía insistiu na súa vocación de converterse “nun estímulo permanente á actividade comercial”. As súas principais liñas de actuación resúmense na “creación dunha estrutura administrativa unificada, organizada e descentralizada; a mellora da competitividade; a modernización e adaptabilidade aos cambios; a formación e profesionalización do sector e a proxección exterior do comercio de Galicia.

“Nos 9 primeiros meses de 2010, o Ágora permitiu investir en apoios ao pequeno e mediano comercio preto de 23,66 millóns de euros, xa sexa mediante convenios ou a través de diversas liñas”, sinalou Guerra.

O conselleiro tamén lembrou que agora o Igape actúa, coordinadamente coa Dirección Xeral de Comercio, como soporte dos apoios financeiros prestados a esta actividade, o que permitiu destinar, no que vai de ano, 10,5 millóns de euros a apoiar ao sector comercial.

Deste xeito, facilitouse a mobilización de máis de 47 millóns en investimentos e préstamos destinados ao comercio galego, a través das liñas de apoio financeiro, ou das iniciativas orientadas á mellora da competitividade, á innovación empresarial, ao emprendemento de novos negocios e á internacionalización comercial.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: