O goberno local baixará en 2011 as taxas de asistencia domiciliaria e non aplicará o IPC ás de gardería e centros para maiores

O Pleno da Corporación ratificou este luns definitivamente as ordenanzas fiscais para 2011. Os impostos conxelaranse tras a aplicación do IPC (un 1,5%), non se actualizarán as taxas de escolas infantís e centros de maiores, e reducirase a de asistencia domiciliaria nun 1,31%. A concelleira de Facenda, Raquel Díaz, subliñou que a carga fiscal da cidadanía diminuirá o vindeiro ano, pese a ser hoxe en día o gran concello galego con menor carga fiscal. Segundo explicou a concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, a cidadanía viguesa verá reducida a presión fiscal con respecto ao presente ano ao aplicarse o IPC nas taxas excepto nas das escolas infantís e dos centros para maiores e tras a rebaixa nun 1,31% das de asistencia domiciliaria Raquel Díaz salientou asemade que as ordenanzas inclúen as bonificacións fiscais introducidas en anos anteriores para os máis desfavorecidos, como descontos no IBI, para vehículos pouco contamiñantes… En total, sobre 10.000 familias estanse a beneficiar das medidas fiscais do goberno local nos últimos tres anos.  A edil de Economía e Facenda subliñou que estas ordenanzas suporán unha menor carga fiscal, un menor nivel de endebedamento para o Concello e un maior investimento e atención social aos vigueses e viguesas.  A voceira do BNG, Iolanda Veloso, destacou as medidas “de esquerdas” adoptadas polo goberno local e reflectidas nas contas municipais, un executivo “que goberna para todo o mundo” e se centra nos que “precisan maior apoio” pola crise económica que estamos a atravesar.

Mais noticias http://xornal.vigo.org/

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: