O PP DE REDONDELA INSTA A QUE SE TOMEN MEDIDAS PARA GARANTIZAR A SEGURIDADE DOS VIANDANTES NA ROTONDA DE RANDE

  • Despois de ser inaugurado esta gran obra que da entrada e saída á AP-9, o Goberno non cumpriu co plan de seguridade vial prometido ao veciños, que teñen que infrinxir as normas para poder circular a pé pola zona ante a inexistencia de beirarrúas e semáforos 

 O Partido Popular de Redondela denuncia a situación que padecen os viandantes que camiñan dende a zona do alto da Encarnación cara á Redondela. Despois de ano e medio de incómodas obras na rotonda de entrada e saída da AP-9, na N-552, a seguridade vial segue a ser un grave problema na zona xa que non se acondicionou con beirarrúas nin semáforos para o paso de peóns. “Os veciños vendo xa ao lonxe que este proxecto, no que se investiron máis de 640.000 euros, ía supoñer un impedimento para o paso de viandantes reclamaron no seu día medidas de seguridade para previr o risco de accidentes e atropelos”, explica Javier Bas, presidente da Xestora e candidato á Alcaldía. A rotonda foi inaugurada e as promesas incumpridas, xa que “ese proxecto de seguridade vial do que falaba o Goberno, no que se incluirían beirarrúas e semáforos non existe, de xeito que, só infrinxindo as normas, os viandantes poden ir dun lado a outro”. Deste xeito, “podemos asegurar que os problemas destes veciños seguen sendo os mesmos que antes ou incluso peores, pois nestes momentos a zona da Encarnación e Rande están incomunicada a pé”. Por todo o exposto, dende o Partido Popular de Redondela instan ao Concello a que “tome as medidas oportunas e faga o necesario para devolver a estes veciños a súa autonomía e liberdade de moverse con total seguridade a pé entre estas zonas”. A maiores, xa non so se incumpriu coa promesa de contemplar un proxecto de seguridade vial, senón que tamén a propia infraestrutura “adoece de defectos polo que respecta á recollida e evacuación de augas pluviais; problema que saíu á luz durante o período de obras e que a día de hoxe constatamos que non se resolveu da maneira apropiada, ao contemplar como coa chegada das choivas fórmanse enormes charcos e prodúcense filtracións entre os muros de contención”. Esta mostra é un novo exemplo da falta de control que se leva a cabo sobre as obras no Concello de Redondela. “O resultado final desta gran obra está a vista de todos; inseguridade e traballos mal executados foi o que recibiron os veciños de Rande despois de sufrir varios anos reivindicando un plan de seguridade vial”, conclúe Bas.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: