Os presidentes de Caixa Galicia e Caixanova formalizan a escritura da nova entidade

 250 LÍDERES POLÍTICOS, ECONÓMICOS E SINDICAIS APOIAN A NOVA CAIXA

   O proceso xurídico completarase o mércores coa inscrición no rexistro

 Julio F. Gayoso: “Hoxe nace unha caixa enraizada na esencia galega”

    Mauro Varela “Temos un plan ambicioso, vertebrador, pegado à terra ”. Os presidentes de Caixanova e Caixa Galicia asinaron esta  mañá a escritura de fusión de ambas as entidades para constituír a Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra, nun acto realizado na capital de Galicia, que contou coa presidencia de Alberto Nuñez Feijóo, presidente da Xunta, membros dos órganos de goberno e do comité de dirección das caixas e representantes dos sectores políticos, económicos, sociais e sindicais de Galicia. O outorgamento da escritura é o último paso do proceso xurídico da fusión que se completará coa inscrición do rexistro da propiedade que se realizará o mércores no Rexistro Mercantil da Coruña. O asinamento da escritura de fusión ante o notario José Manuel Amigo Vázquez, presidente do colexio notarial de Galicia, ten lugar unha vez que se cumpriron as premisas establecidas no protocolo de integración. O FROB concedeu os apoios financeiros solicitados,  o marco regulatorio dotou de seguridade xurídica ao protocolo e proxecto de fusión, o proxecto de integración é viable e xa foi aprobado polos respectivos consellos de administración e polas asembleas xerais. Tras o asinamento, o copresidente que exercerá de presidente do consello de administración na primeira rolda do período de transición, Julio Fernández Gayoso, manifestou na súa intervención que “é un día histórico para Galicia. Con este asinamento péchase a maior operación empresarial da Comunidade e constitúese unha entidade que vai xestionar un volume de negocio de 110 millóns de euros e conta con máis de tres millóns de clientes, que vai ser a entidade líder nas catro provincias galegas, cunha cota de mercado do 45%, a que máis préstamos concede e na que máis confían os seus depósitos os galegos e galegas”.Pola súa parte, Mauro Varela copresidente da caixa que exercerá de presidente do consello de administración nos seguintes dezaoito meses do período de transición afirmou durante a súa intervención que hoxe non é o final do camiño senón o principio dun gran proxecto e a súa convicción de que “conseguimos un bo acordo, temos un gran proxecto e temos os recursos humanos, homes e mulleres e grandes doses de talento para desenvolvelo”.Líderes políticos, representantes das unións sindicais, confederacións de empresarios, cámaras de comercio, alcaldes e xefes da oposición dos principais concellos galegos e os presidentes das catro deputacións galegas, e os reitores das universidades completaron xunto cos consellos e o comité de dirección da nova caixa galega os asistentes ao asinamento da escritura de fusión que se realizou no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago e que finalizou coa interpretación do himno galego polo coro de cámara do Orfeón Terra a Nosa.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: