Archive | noviembre 29, 2010

Continuan as visitas á Fundación Penzol para homenaxear a Francisco Fernández del Riego

Continuan as visitas á Fundación Penzol para homenaxear a Francisco Fernández del Riego. Durante todo o día de onte e hoxe luns (ata as 6 da tarde), estanse a suceder as visitas ao modesto mais sentido memorial instalado na Fundación Penzol de Vigo. Un libro de condolencias e un tarxeteiro están ao dispor das persoas que teñan a ben achegarse para expresar o seu dó por tan irreparable perda, sexa privadamente ou en representación de colectivos e institucións.
 
Esta tarde, arredor das 16:00 h, está prevista a visita da Real Academia Galega; ás 18:30 h, antes de asistir ao funeral que terá lugar ás 19:00 h na Colegiata, acudirán Pilar Rojo, Presidenta do Parlamento de Galicia, e Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia.

A XUNTA INCREMENTARÁ NUN 3 POR CENTO O ORZAMENTO DA RISGA E DO COMPLEMENTO AUTONÓMICO DAS PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS PARA 2011

  • O Goberno autonómico dá así resposta a unha demanda realizado no seo do diálogo social
  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe unha xuntanza cos secretarios xerais de CCOO e UGT-Galicia e co presidente da CEG para informalos das modificacións nos orzamentos
  • En total, o importe total deste mellora ascende a preto dun millón de euros
  • A titular do departamento autonómico sinalou que, deste xeito, reflíctese o compromiso do Goberno galego cos colectivos máis vulnerables
  • Representantes da Consellería manterán o mércores unha xuntanza coas entidades xestoras de albergues e comedores sociais das sete grandes cidades Leer Más…

Sinsal Outono

DOUS CONCERTOS DE SINSAL NO MARCO, MARTES E XOVES, PARA FACER UN REPASO DO QUE SE MOVE NA ESCENA CONTEMPORÁNEA
KING MIDAS SOUND CHEGAN MAÑÁ REVISITANDO O TRIP HOP E O SOUL DE MASSIVE ATTACK DENDE O DUBSTEP DO NOVO MILENIO
ENTRADAS PARA TODOS OS PRÓXIMOS CONCERTOS DE SINSAL
JOANNA NEWSOM
CARTER/PARKER/UGHI
www.sinsalaudio.org
KING MIDAS SOUND+PRINCE RAMA
MARCO, Vigo. Martes, 30 de novembro.
Inicio 20:30. 15€.
ENTRADAS SERVINOVA

A CONVOCATORIA DOS PREMIOS Á INVESTIGACIÓN REXISTRA UN ÍNDICE DE PARTICIPACIÓN HISTÓRICO CON 93 TRABALLOS PRESENTADOS

Os Premios á Investigación que organiza anualmente a Deputación de Pontevedra rexistrou este ano un índice de participación histórico con máis de 93 traballos presentados. Así o confirmou o vicepresidente e deputado delegado de Cultura, José Juan Durán, trala reunión do xurado encargado de valorar os proxectos quen puxo de relevo que nesta edición se “postularon catro veces máis candidaturas con respecto ás que se viñan presentando de media dende a constitución do certame”. Leer Más…

Vitrasa establece un servizo especial desde o 1 de decembro ata o 9 de xaneiro con motivo9 das festas de nadal.

VITRASA establecerá unha serie de servizos especiais que faciliten e melloren os desprazamentos dos vigueses con motivo das festas de Nadal. Desde o 1 de decembro de 2010 e ata o 9 de xaneiro do 2011, as seguintes liñas ampliarán as súas frecuencias ou servizos os sábados, domingos e festivos. Sábados: As liñas “C1” Circular Centro e “C16” Circular Inversa estarán en funcionamento todo o día, cunha frecuencia media no seu horario de tarde de 10 e 15 minutos respectivamente. Domingos e festivos: as liñas “C2” e “C4C” amplían os seus servizos cos seguintes horarios:  Leer Más…

A Federación Veciñal solicítalle á Xunta de Galicia que lle remita a súa proposta de Área Metropolitana

  • Fronte ao conflito na limpeza dos colexios a FAVEC demanda a activa implicación e sensibilidade do Concello.A FAVEC solicitará de inmediato unha reunión urxente coa Delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, para que se informe ao colectivo veciñal da proposta formulada polo Goberno Galego de Área Metropolitana para Vigo. Leer Más…

OS POLÍGONOS INDUSTRIAIS DE CASTIÑEIRAS EN BUEU E O DE MONTE AFIEIRAS EN MORAÑA DISPORÁN DESDE MAÑÁ DE REDE WIMAX DE ACCESO A INTERNET DENTRO DUN PROXECTO PROMOVIDO POLA XUNTA

Con esta incorporación son 30 os polígonos galegos beneficiados pola iniciativa do Goberno galego que busca suplir as carencias de acceso a Internet nestes emprazamentos

 

  • A implantación da rede que permite a transmisión de datos por ondas radioeléctricas conta cun orzamento de 4,8 millóns de euros
  • Outros catro parques empresariais incorporaranse ao proxecto nos vindeiros meses
  • As empresas e  os residentes na zonas de cobertura poderán contratar o acceso a internet de banda larga, desde 2 ata 12Mbps, con prezos que parten dos 30 euros mensuais Leer Más…

O PP DE REDONDELA INSTA A QUE SE TOMEN MEDIDAS PARA GARANTIZAR A SEGURIDADE DOS VIANDANTES NA ROTONDA DE RANDE

  • Despois de ser inaugurado esta gran obra que da entrada e saída á AP-9, o Goberno non cumpriu co plan de seguridade vial prometido ao veciños, que teñen que infrinxir as normas para poder circular a pé pola zona ante a inexistencia de beirarrúas e semáforos 

 O Partido Popular de Redondela denuncia a situación que padecen os viandantes que camiñan dende a zona do alto da Encarnación cara á Redondela. Despois de ano e medio de incómodas obras na rotonda de entrada e saída da AP-9, na N-552, a seguridade vial segue a ser un grave problema na zona xa que non se acondicionou con beirarrúas nin semáforos para o paso de peóns. Leer Más…

FEIJÓO DI QUE, CO NACEMENTO DUNHA ÚNICA CAIXA, GALICIA AFRONTA “MÁIS UNIDA E MÁIS FORTALECIDA” O FUTURO E PROPÓN QUE O PROCESO DE FUSIÓN GUÍE AS MATERIAS PENDENTES DA AUTONOMÍA

O titular da Xunta asegurou, esta mañá, no acto de sinatura da Escritura de Constitución da Nova Caixa Galega, que “hoxe, os galegos estamos dicindo que o noso propio futuro temos e queremos escribilo todos xuntos”

Subliña que a primeira obrigación da caixa é Galicia, “son os aforradores galegos, son as familias galegas e son os sectores estratéxicos galegos”

  • Ademais do rigor que garantiu unha caixa solvente e unha caixa galega salienta outro comportamento sen o que este proceso quedaría invalidado: a lealdade a Galicia. “Nos momentos máis difíciles da fusión, o punto de encontro sempre foi Galicia”
  • Resalta que a cooperación de entidades, de institucións e de territorios dentro permitiu que Galicia lograra un papel protagonista fóra e que poida permanecer no mapa financeiro español. “As 17 comunidades autónomas desexabamos o mesmo, só 5 o conseguimos e Galicia está hoxe a firmalo”
  • Asegura que o ‘Nós’ que distinguiu no cultural a toda unha xeración nos anos 20; e que guiou décadas despois, nos albores da democracia, a outra xeración no político; serve agora no económico para que a nosa xeración saque adiante a maior operación financeira da historia recente de Galicia
  • Deséxalle sorte aos responsables do día a día da caixa e aléntaos nos grandes retos que teñen por diante, entre eles, buscar unha denominación “que represente á Galicia que serve a caixa e que consiga irromper con forza no mercado nacional”

 

Il Divo’, de Paolo Sorrentino, pecha o ciclo de cine da Fundación Caixa Galicia en Vigo

Mañá, martes 30 de novembro, ás 18.00 en versión dobrada ao castelán e ás 20.30 horas en versión orixinal subtitulada, a sede da Fundación Caixa Galicia en Vigo (Policarpo Sanz, 21) acollerá a proxección do último filme do ciclo ‘Novo cine italiano’: ‘Il Divo’, unha iniciativa que renova o esforzo desta institución por achegar e manter esta disciplina na súa rede de espazos culturais.