ROSA QUINTANA CONSIDERA CLAVE A APORTACIÓN DO SECTOR NA PROCURA DUNHA POLÍTICA PESQUEIRA COMÚN VIABLE E SOSTIBLE

  • A titular de Mar espuxo os puntos clave da proposta de Galicia para a reforma da PPC na procura da sostibilidade ambiental, económica e social
  • A conselleira incidiu, entre outros puntos, na aposta por facer o emprego no mar atractivo para a mocidade e en conseguir un mercado único para os produtos do mar

Rosa Quintana considera clave a achega do sector na aposta por unha Política Pesqueira Común acorde á sostibilidade e á viabilidade. Así o especificou en Bruxelas durante a súa intervención na apertura da mesa redonda “A reforma da Política Pesqueira Común: un debate europeo dende Galicia”, organizada pola Fundación Galicia Europa. A titular de Mar espuxo os puntos clave da proposta de Galicia para a reforma da PPC na procura da sostibilidade ambiental, económica e social e fixo fincapé na participación do sector como indispensable na súa configuración. Rosa Quintana incidiu, entre outros puntos, na aposta por facer o emprego no mar atractivo para a mocidade e en conseguir un mercado único e aberto para os produtos do mar, con normas de competencia xustas e iguais. Ademais salientou a necesidade de recoñecer o importante papel social, de fixación de emprego, poboación e puxanza económica que representan a pesca artesanal e o marisqueo. Esta mesa redonda, moderada por Enrique López Veiga, tamén contou coa participación da eurodeputada membro da comisión de Pesca no Parlamento Europeo, María do Céu Patrão; do director da DG MARE da Comisión Europea, Ernesto Penas; do secretario xeral da Europêche, Guy Vernaeve, e do secretario xeral de Anfaco, José Manuel Vieites.A proposta de Galicia ante a reforma da PPC foi presentada por Rosa Quintana á comisaria europea de Asuntos Marítimos e Pesca, María Damanaki na súa visita a Galicia en marzo deste ano e en distintas conferencias nas que participou a Consellería do Mar. Entre os puntos básicos da proposta, destaca, no eido da sostibilidade ambiental, a demanda de substitución do sistema de topes máximos de capturas (TAC) e cotas por un sistema de control baseado no esforzo pesqueiro. Esta medida sería máis eficaz, implicaría menos custo económico e podería contribuír a solucionar o problema do exceso de capacidade das frotas Outro das liñas que se propoñen e que lembrou a conselleira do Mar, en relación coa configuración dun mercado único para os produtos pesqueiros, é o endurecemento do control da trazabilidade das capturas para impedir importacións non suxeitas ás normas sanitarias e de calidade esixidas aos membros da UE. No que respecta á sostibilidade económica, a proposta fai referencia á diferenciación da pesca industrial da de baixura e o marisqueo, un aspecto que Galicia considera necesario porque estas modalidades deberían rexerse por regulamentacións diferentes, xa que supoñen condicións económicas e sociais diferentes. Para isto solicítase unha definición do concepto de pesca artesanal e marisqueo válida a nivel europeo. Incluír a acuicultura como piar da política pesqueira comunitaria é outra das propostas e un dos principais aspectos nos que incide o Goberno galego que demanda á UE que promova unha política de formación axeitada e de calidade que permita aos traballadores mellorar no seu nivel salarial.

 Estudo sobre a PPC

Trala súa participación na mesa redonda, a titular de Mar participará na presentación do libro “La integración del enfoque ecosistémico en la política pesquera común de la Unión Europea”. Esta publicación realizada por José Manuel Sobrino Heredia, Adela Rey Aneiros e Enrique López Veiga e presentada en Galicia a principios de outubro, foi valorada pola conselleira coma un documento importante para abordar con máis confianza a busca da sostibilidade desde unha triple óptica ambiental, social e económica, na liña do demandado por Galicia para orientar a reforma da Política Común de Pesca.

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: