A CORUÑA ACOLLERÁ EN XUÑO DE 2011 A SEGUNDA EDICIÓN DE SÓNAR GALICIA TRAS O ÉXITO DE PÚBLICO ACADADO ESTE ANO

  • O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegurou que deste xeito “cúmprese cun dos compromisos deste Goberno que era darlle unha continuidade ao festival de música electrónica máis importante que existe no mundo”.
  • Sónar Galicia volverá celebrarse en ExpoCoruña o 17 e 18 de xuño e contará, entre outros artistas, coa banda ‘Magnetic Man’. A celebración desta segunda edición será posible grazas á colaboración de Avanced Music e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
  • As entradas para a segunda edición galega de Sónar, que se celebrará ao mesmo tempo en Barcelona, sairán á venda nos próximos días.
  • Sónar 2011, que se celebrará en Barcelona, A Coruña, Londres e Tokio, levará o talento emerxente galego a cada unha destas sedes do festival, que acollerán na súa programación unha selección dos artistas máis relevantes da nosa escena.

 Programa variado

Do mesmo xeito que este ano, en 2011 Sónar Galicia combinará grandes shows de artistas internacionais de recoñecida traxectoria con propostas de corte vangardista e experimental, sempre poñendo unha mirada atenta sobre a musica feita en Galicia. Por segundo ano consecutivo, o recinto de ExpoCoruña será o escenario de máis de vinte actuacións, entre concertos e DJ’s, de artistas do panorama nacional e internacional. Magnetic Man, a primeira mega-banda da xeración dubstep, será unha das grandes atraccións desta nova edición do festival, tanto en A Coruña como en Barcelona. Este trío británico, composto polos produtores e DJ’s Benga, Skream e Artwork, é considerado como a primeira formación de dubstep para as masas. Magnetic Man podería ser un exemplo de formación que, logo da mutación de xéneros que proveñen do drum’n’bass, o hardcore house, o grime e, máis recentemente, o dubstep, elabora o seu discurso musical sobre bases que, décadas despois, seguen inspiradas nas rítmicas e estruturas surxidas da revolución minimalista instaurada por xenios como Steve Reich, compositor norteamericano que actuará na noite inaugural de Sónar no L’Auditori de Barcelona.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: