FEIJÓO AFIRMA QUE COA FINALIZACIÓN EN NADAL DO AUDITORIO A XUNTA CUMPRE OUTRO DOS 10 GRANDES COMPROMISOS QUE TEN CON VIGO AO QUE SEGUIRÁ O HOSPITAL PÚBLICO E A DEPURADORA DA RÍA

Destaca que coa finalización do Auditorio de Vigo e co inicio do Auditorio de Lugo “todas as cidades de Galicia finalizan as súas infraestruturas culturais. Pódese dicir que esta lexislatura é a lexislatura de completar en todas as cidades de Galicia as infraestruturas culturais que demandaban”.- Salienta que o Auditorio empezará a funcionar no primeiro trimestre do ano 2011 e  terá como obxectivo reactivar a actividade económica e “reactivar as posibilidades que ten Vigo e ubicar de forma axeitada todas as actividades de congresos e culturais da cidade e da súa área de influencia” A infraestrutura contará cunha sala principal de 1.500 butacas, unha sala adicional de 600 butacas e catro salas máis polivalentes cun aforo menor  O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou esta mañá que coa finalización, en Nadal, do Auditorio-Palacio de Congresos de Vigo a Xunta cumpre outro dos 10 grandes compromisos que ten coa cidade e “despois do Auditorio –avanzou- levaremos a cabo un compromiso dunha enorme transcendencia que é a adxudicación do novo Hospital Público e, o seguinte despois será a licitación da Depuradora da Ría de Vigo, que nos devolverá esta ría aos mellores niveis de excelencia desde o punto de vista da salubridade e da calidade das augas”. Durante a visita ás obras do Auditorio, Feijóo subliñou que esta infraestrutura, que contará cunha sala principal de 1.500 butacas, unha sala adicional de 600 butacas e catro salas máis polivalentes cun aforo menor, empezará a funcionar no primeiro trimestre do ano 2011 e terá como obxectivo “reactivar a actividade económica e reactivar as posibilidades que ten Vigo e ubicar de forma axeitada todas as actividades de congresos e culturais da cidade e da súa área de influencia”. Coa finalización do Auditorio de Vigo e co inicio do Auditorio de Lugo, o responsable do Goberno galego aseverou que “todas as cidades de Galicia finalizan as súas infraestruturas culturais”. “Pódese dicir que esta lexislatura é a lexislatura de completar en todas as cidades de Galicia as infraestruturas culturais que demandaban”, concluíu.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: