JAVIER GUERRA ANUNCIA QUE A XUNTA ESTA A TRABALLAR NUNHA NORMATIVA PARA FACILITAR O DESENVOLVEMENTO DA ENERXÍA XEOTÉRMICA

  • O conselleiro de Economía e Industria inaugurou hoxe I Congreso de Xeotermia de Galicia, onde explicou os plans do goberno galego para continuar incentivando as enerxías máis limpas
  • A Xunta desenvolve un proxecto para a instalación de bombas de calor en edificios de usos sociais, en colaboración co Centro Tecnológico de Eficacia y Sostenibilidad Energética
  • Economía e Industria está a fomentar “estudos, proxectos e iniciativas divulgativas” neste campo

“A xeotérmica é unha enerxía completamente limpa e cun alto rendemento, polo que semella lóxico facer extensivo o seu aproveitamento a toda a sociedade”, sinalou Guerra. De aí que Economía e Industria teña posto en marcha un programa de apoio a esta enerxía para “subvencionar diferentes proxectos demostrativos orientados á instalación de bombas de calor xeotérmicas e fomentar estudos, proxectos e iniciativas divulgativas neste campo”, ademais da elaboración dun marco normativo axeitado. O conselleiro lembrou que, a nivel estatal, non existe na actualidade unha normativa específica ao respecto da xeotermia, o que levou á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas “a elaborar un marco legal axeitado para auspiciar o desenvolvemento da xeotermia en Galicia”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: