O alcalde asegura que "este Auditorio é un gran esforzo da cidade de Vigo

Abel Caballero acompañou na mañá deste martes ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa visita ao Pazo de Congresos de Beiramar onde constataron que se trata dunha obra “magnífica”. Caballero salientou o “gran esforzo” do Concello pois lembrou que, á chegada do actual goberno, o proxecto estaba “literalmente quebrado” e corría un serio risco de “non poder ser levado adiante” O alcalde lembrou que o orzamento do Auditorio-Pazo de Congresos é de 85 millóns de euros, dos que un 20% é financiado pola Xunta de Galicia. Tamén salientou o rexedor vigués que o goberno presidido por Núñez Feijóo aportou 2 millóns de euros á esta obra, mentres que a cantidade restante dese 20% corresponde ao goberno de Emilio Pérez Touriño. O rexedor vigués recalcou que noutras cidades coma Santiago ou A Coruña a Xunta financiou o 100% da obra, aínda que reiterou a súa satisfacción porque o presidente autonómico eloxiara a infraestrutura viguesa. Abel Caballero avanzou que “a obra vai en prazo” e de feito a construción rematará en xaneiro e a empresa concesionaria o recibirá e preparará o seu interior para a súa apertura ao público. O Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar ten xa cinco grandes eventos confirmados, o primeiro destes será o congreso europeo do mercado de incentivos, reunións e eventos (MITM) e terá lugar no próximo mes de abril de 2011

  Mais noticias http://xornal.vigo.org/

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: