Obras públicas pecha con Life is a paripé, premio Fetega 2010, o teatro da programación cultural deste cuadrimestre

José Luis Prieto, gañador de dous premios Max, é o autor e o director da montaxe

Vigo, 30 de novembro de 2010.- A última proposta teatral da programación cultural da Universidade de Vigo para este cuadrimestre é Life is a paripé da compañía galega Obras Públicas. Dirixida e escrita por José Luis Prieto, gañador de dous premios Max, conta  en 75 minutos que é iso do paripé e todas as súas variantes. A nova montaxe de Obras Públicas mistura teatro e música dun xeito maxistral. De feito, os tres actores que fan posible esta obra, César Goldi, Iolanda Muíños e Mos, móvense polo escenario amosando a cada paso que a vida é iso, un paripé. Falan dun xeito crítico da arte, da falsidade, a través de diferentes personaxes como un cantante lituano, un actor inglés de Hamlet, unha poetisa… Life is a paripé foi galardoada co premio ao mellor espectáculo do Fetega (Festival de Teatro Galego).

OBRAS PÚBLICAS      Life is a paripé

Data:      1 de decembro

Hora:     18,30 h  //  Entrada libre

Lugar:    Teatro Vidal Bolaño. Campus de Vigo. Universidade de Vigo

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: